Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Santa Compaña no século XXI

"Xan, a despedida", unha curta de misterio

As neboentas paisaxes de Toutón (Mondariz) son o escenario dunha historia sobrenatural: un home volve á súa aldea, que xa non é a mesma. Xan, a despedida, estréase este venres 22 ás 20.15 no Café Moderno pontevedrés. Aquí podemos ver o tráiler:

Redacción - 12:31 22/06/2007



O filme foi dirixido polo realizador José Luis Martínez, e producido por Contacontos PC. Lucila (Marta Villar) non pode crer o que ve na porta da súa casa: Xan (Marcos Correa) volve á súa aldea natal despois de moito tempo de ausencia. A medida que se vai sabendo da súa volta entre todos os seus veciños e achegados, a tensión medra... Beto (José María Tanas) teme o reencontro co seu pasado; os dolorosos recordos volven de novo para atormentalo. E Cosme (Xúlio Abonjo) acolle a nova do regreso con misteriosa calma; os seus enfrontamentos con Xan foran os detonantes da partida deste. Din das despedidas que son moi tristes...

Con esta sinopse se presenta esta curta, financiada integramente con capital privado, rodada nun xaneiro moi frío e húmido na aldea de Toutón. O equipo técnico salienta a colaboración "inestimábel" dos veciños, que se prestaban de boa gana como figurantes, ou mesmo para que as súas vacas o fosen, e mesmo para axudaren a construír o decorado. Nestes outeiros cheos de brétemas e misterio, ambiéntase este conto contemporáneo sobre a Santa Compaña.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: