A través da páxina de Cultura Marítima chegamos ao blog dos alumnos do CEIP Laredo, feito para contar as súas experiencias co seu contorno, metido no mar de Vigo.
Vivi-lo Mar é o título dun traballo que desenvolveu este curso o profesorado do CEIP de Laredo, en Chapela (Redondela), co que introduciron os nenos da vila no mar, facéndolles interactuar co seu contorno máis inmediato e comprender a meirande parte das cousas que os rodean, que se substentan no mar.
Chapela é unha vila pequena metida na ría que sempre vivíu do que lle daba o mar. Mariñeiros, pescadores, mariscadores, hosteleiros que venden peixes e mariscos... a economía e a vida en Chapela vira arredor do mar.
Durante todo o curso, os nenos entraron en contacto directo co mar, e conseguiron velo como algo propio. Agora está todo o que fixeron colgado na rede, nun blog onde ían contando as súas novas experiencias no mar e coa terra, nun entorno, alén de natural, social, comercial, laboral...
Os furtivos leváronlles as ameixas
Mesmo, como contan dende Cultura Marítima, botaron ameixas na praia, e a experiecnia foi alén dun primeiro contacto cun oficio de sempre, xa que viñeron os furtivos e leváronllas todas, aprendendo os cativos de qué vai a cousa.
Tamén fixeron murais con todos os peixes que teñen na ría, e limparon, mediron e clasificaron cunchas de buguinas, de caramuxos, de ameixas... e xogaron con elas coma se fosen chapas. Mesmo a festa de fin de curso foi dedicada ao mar.
A iniciativa participa no chamado Encerado Dixital Interactivo (EDI), un lugar onde compañeiros de distintos centros educativos de Galiza están a intercambiar información do que están a facer.