Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PRESIÓN URBANÍSTICA EN 2006

Galiza construíu máis vivendas turísticas que Asturias, Cantabria e Euskadi xuntas

Un informe asegura que estes inmóbeis estanse a revalorizar un 18% cada ano.

Redacción - 13:15 25/06/2007

As cifras dan idea do desorbitado medre de construcións turísticas nas zonas costeiras do noso país. Segundo a consultora DBK, en Galiza rematáronse o ano pasado 7.100 inmóbeis turísticos: 3.500 na Coruña, 2.700 en Pontevedra e 900 en Lugo. O informe que analiza este tipo de construcións en toda a costa do norte do Estado conclúe que Galiza rematou máis vivendas turísticas en 2006 que todas as demais xuntas.

Os datos que ofrece DBK revelan que o prezo destes inmóbeis revalorizouse cada ano un 18%. Segundo o mesmo informe, agárdase que continúe esta tendencia nos próximos anos xa que “a zona norte ten unha menor saturación turística”


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (3)

Tino #1 25/Xuño/2007 Tino

E eu sen piso nin visos de telo!!!!!!!!!!!!

Jatopardo #2 25/Xuño/2007 Jatopardo

En Portosín, hai uns anos podías mercar un piso decente por 10 ou 12 millóns de pesetas, hoxe, en 2007, despois de centos e centos de pisos, destinados na súa maioría a madrileños que veñen a pasar 15 días (si é que veñen), xa están vendendo pisos en Portosín por 40 millóns de pesetas, e non pensen que son moi grandes.

Esnaquizaron a vila, encareceron os pisos, ¿que gañamos os veciños con este urbanismo salvaxe?

Eso sí, o promotor inmobiliario máis grande de Porto do Son é funcionario do concello. Ese si que sacou beneficio.

Brais #3 25/Xuño/2007 Brais

Só hai que dar unha volta por lugares como Malpica, Caión, Laxe...para darse conta de como se están a encher de cemento. Se un pasa meses sen pasar por concellos como Foz pódelle dar unha volta coa impresión. As políticas do novo goberno seguen a ser moi tímidas, máis ben simples parches (última lei dos 500 metros). Se non se toman medidas reais Galiza, nun prazo de 10 anos, parecerase moito moito á costa mediterránea.

O que di Jatopardo é moi triste. Incluso en concellos do interior, pisos que hai seis anos custaban 12 millóns agora piden 25 ou máis. A especulación e o branqueo de diñeiro fixo traer este maná que agora ameaza con rebentarnos nos fuciños a todos. Outros levaron os cartos, comisións e demais, claro...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: