Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Consorcio do Código Aberto

Queixas contra a BBC por ofrecer un reprodutor só para Windows

O iPlayer da compañía pública británica emprega o DRM de Microsoft e só permite ver os programas descargados durante unha semana.

Redacción - 17:01 25/06/2007
Mira de axuste da BBC

Mira de axuste da BBC

A decisión da empresa pública de radio e televisión británica BBC de empregar un reprodutor multimedia para os seus programas na rede que só vai poder funcionar en Windows pódelle supoñer un proceso antimonopolio na Unión Europea. O Consorcio do Código Aberto (OSC) presentará unha queixa perante o observatorio británico dos medios (Ofcom) a vindeira semana e fará o mesmo na Comisión Europea da Concorrencia se os regulador estatal non toma medidas.

O OSC di que a BBC está a obrigarlle ao público a empregar sistemas operativos de Microsoft. O consorcio lembra que a Comisión Europea xa condenou a Microsoft por incluír o seu reprodutor Windows Media Player no seu sistema.

A corporación da BBC decidiu a finais de abril aprobar un reprodutor de banda larga, denominado iPlayer, só para Windows, despois das súas propias investigacións e dun estudo de impacto de mercado elaborado polo Ofcom. Este último organismo proclama que o proceso foi aberto e que a decisión final depende da compañía de comunicación.

Segundo a BBC, a súa escolla xustifícase polo uso do sistema DRM, que permite que os programas descargados deixen de funcionar ao cabo dunha semana, co fin de “compatibilizar o acceso aos contidos cos intereses dos propietarios dos dereitos”. Polo momento, non se coñece cando estará dispoñíbel o iPlayer para os usuarios de Mac. Non se di nada dos demais sistemas operativos.

Até agora, a BBC empregaba o RealPlayer para os seus vídeos en liña, o que non permite usar a bomba de tempo. Segundo o OSC, nas emisións baixo demanda, as descargas sen DRM ofrecerían un servizo público maior ca as que dependan dun formato específico.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: