Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe "Destrución a toda costa"

Galiza proxecta a terceira parte do total estatal de vivendas costeiras

En ningún outro lugar do Estado se proxectan tantas edificacións á beira do mar coma en Galiza: 800 mil, sobre un total estatal de 2,9 millóns, segundo critica Greenpeace.

Redacción - 14:25 26/06/2007

Galiza suma 816 mil edificacións costeiras, e para os vindeiros anos e de iren adiante as planificacións municipais, construiríase aproximadamente a mesma cantidade de vivendas que ao longo de toda a historia do país, segundo se laian os ecoloxistas.

Na comparativa de agresións ambientais costeiras, Galiza aparecería no quinto en lugar en canto á gravidade da situación, segundo a avaliación comparativa realizada por Greenpeace. O colectivo ecoloxista destaca que e ningún outro lugar o conxunto de concellos reclaman a construción de tantas vivendas: 800 mil. Ao tempo, sinalan os plans para a construción de case 8 mil amarres deportivos, cifra que cualifican de esaxerada, e citan 16 casos de corrupción urbanística saídos á luz no último ano, con até 25 persoas implicadas.

As cifras aparecen no informe Destrución a toda costa 2006, presentado este martes, onde se fala de 43 puntos negros na costa galega, os mesmos que acumula a costa da Comunidade Valenciana, apenas tres menos que os 46 de Andalucía e alén desa comunidade só por baixo das Illas Canarias, que suma 66 puntos negros.

"As maiores recualificacións de solo da historia"
Greenpeace fala da urxencia de "espantar os explotadores dos recursos naturais galegos que buscan beneficio propio en detrimento do futuro do litoral" e deixa un refacho de optimismo no camiño aberto coa Lei de Medidas Urxentes en Materia de Ordenación do Territorio. Ao respecto, os ecoloxistas din esperar que logo de que as presións empresariais deixasen "a medias" a loita contra a especulación co litoral, as próximas directrices para a costa poidan favorecer un crecemento razoábel.

"Boa proba da falta de control exercida polos concellos e tolerada pola Xunta é o elevado número de alcaldes e concelleiros imputados por delitos urbanísticos e contra a ordenación do territorio", critican.


4,6/5 (10 votos)

Comentarios (4)

xacataca #1 26/Xuño/2007 xacataca

Non é ese o meu mapa, non señor.

Jatopardo #2 26/Xuño/2007 Jatopardo

¿O PsdG pensa que imos crer que está en contra da especulación urbanística ao tempo que volveu a presentar de candidatos á alcaldía a destructores masivos da costa como Ramón Quintáns en Porto do Son ou José María García Rivera en Foz?, ¿podes por o raposo a coidar das galiñas e esperar que non as coman?

maroto #3 27/Xuño/2007 maroto

Os especuladores foron bastante proporcionais á cantidade de alcaldías, e non creo que o PSdeG non fixese esforzo para librarse desta xente.

Jatopardo #4 27/Xuño/2007 Jatopardo

¿Fixo esforzos o PSdG ou o PP para librase dos alcaldes esnaquizadores da costa? Pois disimúlanno moi ben, volvendo a presentar a elementos impresentables como os de Foz, Porto do Son ou Arteixo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: