Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
DANZA, MÚSICA, TEATRO... ATÉ O 5 DE AGOSTO

Comeza o Festival de Barcelona Grec 2007

O festival de verán de Barcelona chega este ano á 31 edición con grandes montaxes internacionais e creacións escénicas catalás.

Xabier Paradelo - 19:00 26/06/2007

A organización do Festival segue a ter a estrutura tradicional de edicións anteriores, dividida en espectáculos de teatro, danza, música e outras disciplina artísticas. Hogano combina propostas máis contemporáneas e arriscadas canda outras máis clásicas orientadas ao público familiar, alén de estenderse a novos espazos como o Sant Andreu Teatre e La Caldera do barrio Gràcia.

O espectáculo inaugural no Teatre Grec enceta a sección de danza con Sacred Monsters, no que os bailaríns Sylvie Guillem & Akram Khan levan ao escenario unha coreografía que pon en relación o ballet co kathat, una das danzas clásicas da India.

Entre as montaxes teatrais internacionais están a escenificación de Gaivota, na que o director brasileiro Enrique Diaz fai unha relectura do texto homónimo de Chejov, e o espectáculo letón Long Life, do Novo Teatro de Riga, unha reflexión sobre o mundo dos anciáns.

Algunhas das propostas escénicas realizadas en Catalunya son 2666, adaptación de Àlex Rigola da novela do escritor arxentino Roberto Bolaño; o Conto de Inverno de Shakespeare, dirixido por Ferran Madico; ou Imperium, da Fura dels Baus, interpretada só por mulleres e que se estreara en Pequín o mes de maio.

No eido musical, pasarán polo Grec 2007 tanto artistas consagrados como Antony & The Johnsons, Bebo Valdés, Maria de la Mar Bonet e Jorge Drexler, como músicos menos coñecidos como Lenine, Shuarma, Gonzales ou Pascal Comelade. E tamén espectáculos musicais combinados coa imaxe, como o concerto multimedia Homeland, de Laurie Anderson.

Entre os espectáculos dirixidos ao público familiar e ás novas xeracións, o Festival inclúe a montaxe de Romeo i Julieta, con actores e monicreques, espectáculos circenses na Nit de circ al Teatre Grec, e tamén propostas de hip hop, break dance e spoken word.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete