Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Remo olímpico

Remeiros de Vigo protagonizan unha das mellores actuacións no campionato estatal

Os membros do CTGA-RCN Vigo volveron de Banyoles con dous ouros e tres pratas. Destacaron entre oitenta clubes e máis de cincocentos remeiros de todo o Estado.

Redacción - 12:31 27/06/2007

De entre todos os remeiros destacaron os compoñentes do catro scull absoluto, Jesús González, José Ignacio Bugarín, Juan Estefanell e Alfonso Riveiro, que volveron gañar -xa o fixeran en 2006- na súa categoría, ficando coa medalla de ouro.

Tamén ficou cun título de campión Franco Cobas, na modalidade skiff veterán; e a prata levouna o seu compañeiro, Ángel Rodrigo Lucio.

As mozas tamén trouxeron medallas para Vigo

As noviñas campionas estatais de bateis e traineiriñas, Laura Prada e Iris Martínez, acadaron a prata no dous sen xuvenil.

Outra prata máis foi para o catro veterán formado por Juan Manuel del Moral, Baltasar Márquez, José F. Álvarez, Antonio Álvarez Bastero e Álex Cerviño, no timón, tamén do clube vigués.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

O_Fartura #1 27/Xuño/2007 O_Fartura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa ao Náutico de Vigo.
Deséxovos tamén unha boa Liga Galega de Traineras.
Asdo: siareiro da esteirana remo.

Barcelos #2 28/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De que Estado estamos a falar?

Nunha Europa Federal será do Estado de Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: