Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres se ralentiza o acordo en Pontevedra e Lugo

PSdeG e BNG avanzan no diálogo sobre os entes provinciais

Os dous grupos non agardan problemas para definir o pacto sobre programas e organización nas deputacións provinciais.

Redacción - 09:00 28/06/2007

Non haberá complicacións na negociación para as deputacións provinciais, ou cando menos así o consideran na actualidade os representantes de PSdeG e BNG. Na xuntanza deste mércores, socialistas e nacionalistas avanzaron na procura dese acordo. As dúas formacións coinciden en que a definición de programas de actuación conxuntos é fundamental e non será até o momento en que ese aspecto estea claro cando se avanzará no reparto de áreas e composición dos gobernos provinciais. Na mesa está tamén o consenso sobre o compromiso de coordinación coa acción da Xunta.

De paso, socialistas e nacionalistas subliñan que os atrancos das negociacións nas cidades de Pontevedra e Lugo non terán impacto sobre o diálogo concreto para as deputacións.

Sobre o caso pontevedrés, o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou este mércores que "nunca houbo un acordo pechado", senón unha "aproximación grande". Logo de que horas antes a voceira socialista dera por rota a negociación, Lores subliñou que o BNG "non dá por pechado o diálogo en absoluto" e segue aberto ao diálogo. O alcalde da cidade do Lérez fixo un chamamento ao "sentido común, diálogo e talante" do PSdeG para retomar as negociacións para reeditar un goberno de coalición. O líder dos nacionalistas pontevedreses opina que as dúas formacións están "moi preto" do pacto.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: