Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participa no trivial do mar!

Se o vento vén de proa, se cadra teremos que bolinar...

...aínda que os vellos patróns usan outras palabras para esta manobra mariñeira. No concurso de Vieiros do Mar podes descubrir cales. Lembra que sorteamos varios convites a comer e navegar!

Redacción - 11:00 28/06/2007

Do mar e das palabras, a ver que sabes!


Vieiros e a Federación Galega de Cultura Marítima convídante ao VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará en Ferrol entre o 8 e o 10 de xullo.


Para gozardes mellor deses días e a pé de mar, sortearemos cinco convites especiais, cada un deles para dúas persoas: os gañadores poderán escoller un deses días para comer, cear e dar un paseo pola ría nunha das embarcacións participantes.


Para entrar no sorteo tedes que responder ás catorce preguntas propostas en Vieiros do Mar. Cun mínimo de oito respostas acertadas xa entrades no sorteo. Até o de agora, medio cento de persoas atinaron ese mínimo e optan ao convite!


5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

O_Fartura #1 28/Xuño/2007 O_Fartura

Veña rapaces e rapazas:
Eu xa entrei no concurso, ainda que recoñezo que non acertei as respontas necesarias á primeira. Foi á segunda.
Cantos máis participedes menos posibilidades terei eu de que me toque, mais como eu vou ir aos encontros de Ferro igual, non me importaría que che tocase a ti.
Participa¡¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: