Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate no OpenVieiros

Letras 2008: e ti a quen propós?

Xohán Xesús González, Xosé María Álvarez Blázquez, Fiz Vergara Vilariño, Lois Pereiro ou Eusebio Lorenzo Baleirón, son algúns dos nomes que escoitamos nos últimos tempos. En OpenVieiros podedes opinar. De paso, convidámosvos a abrir os vosos propios debates.

Redacción - 11:30 28/06/2007

A Asociación Cultural O Fervedoiro remitiulle recentemente á Real Academia Galega a petición de que o Día das Letras se lle adique en 2008 a Xohán Xesús González.

Tamén recente é a aprobación na xunta de goberno local do Concello de Tui de apoiar que o recoñecemento do ano que vén sexa para o escritor tudense Xosé María Álvarez Blázquez.

E lembrámosvos que o escritor Xavier Queipo publicou en Vieiros hai poucos días o artigo Trío de ases, onde propón que Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño e Eusebio Lorenzo Baleirón reciban de forma conxunta esa homenaxe.

O debate en OpenVieiros
Aproveitamos para presentarvos con este tema a nova ferramenta de "Debates" en Vieiros, en probas desde a pasada noite electoral, a pé do Open Vieiros e onde calquera internauta rexistrado pode propoñer asuntos para a discusión ou comentar calquera asunto de actualidade que lle pareza de importancia para o resto da comunidade.

De xeito moi simple, con só premer no apartado "Iniciar debate" un formulario pídevos un título, afirmación ou pregunta, e unha breve explicación. Automaticamente, a proposta de discusión aparece visíbel para o resto de participantes.

Velaí un debate posíbel: Letras 2008: e ti a quen propós?


4,75/5 (4 votos)

Comentarios (23)

lunet #1 28/Xuño/2007 lunet

Carvalho Calero¡¡¡

Barcelos #2 28/Xuño/2007 Barcelos

Emilio Pérez Touriño, Os Tonechos, Marina Castaño (a viúva de Cela) e outros monstros do idioma.

Brais #3 28/Xuño/2007 Brais

Fiz Vergara. Un grande poeta e un grande esquencido

arandeeira #4 28/Xuño/2007 arandeeira

Os Tonechos

xmef #5 28/Xuño/2007 xmef

Sería un atrevemento propor ampliar a nómina de homenaxeados a outros colectivos, vencellados non só á letra impresa senón tamén á cantada, e por suposto aos músicos. Faustino Santalices, por exemplo.

bcngz #6 28/Xuño/2007 bcngz

Cañita Brava, sen dúbida!

C29 #7 29/Xuño/2007 C29

Antes que ninguem, Carvalho.

mau #8 29/Xuño/2007 mau

Carvalho Calero. Num Pais um bocado sensato não se tinha uma figura desta altura no ostracismo, que vergonha! Foi o primeiro que impartiu Língua Galega na Universidade, o que fez a primeira gramática moderna e primeiro compêndio de literatura galega mais ou menos de jeito... o pai da primeira norma oficial para a pré-autonomia... Em fim... um dos maiores pensadores sobre o corpus e o status da nossa língua. Ainda que só fosse por toda a merda que lhe fizeram tragar alguns indesejáveis Judas(coisa mais que provada) já o merecia por compensação. Porque este País não se reconhecerá a si próprio até que reconheça a Carvalho Calero e o que representa. Se não formos capazes entre todos colocar a este homem, que foi dos que mais deu pela nossa língua pela nossa cultura, onde lhe corresponde só demonstramos que somos um país acomplexado. Porque foi o que escreveu Scórpio, que inexplicavelmente não é leitura obrigatória nas escolas. Porque escreveu poemas tão bons ou melhores que qualquer outro homenageado. Porque escreveu a primeira novela de pós-guerra, Porque não se exilou sendo republicano e tragou com o Regime todo em primeira linha sem renunciar a nada do que pensava e com sucesso. Porque foi marginalizado e merece de uma vez a lembrança que lhe negam pessoas tão proclives hoje à "memória histórica". Dai-lhe uma revisão ao trabalho deste homem... e vereis a que me refiro... É um completo desconhecido! Que vergonha!

mau #9 29/Xuño/2007 mau

Ernesto Guerra da Cal...

mau #10 29/Xuño/2007 mau

Jenaro Marinhas del Valle...

Xeonllo #11 29/Xuño/2007 Xeonllo

Eu apoio a idea de mau de propor Carballo Calero para o Día das Letras Galegas 2008.

Foi un grande intelectual loitador pola lingua e pola súa depuración de castelanismos. Coido que faría moita falta a súa presenza hoxe na sociedade galega.

homealcaiata #12 29/Xuño/2007 homealcaiata

Creo que sería xusto homenaxear a Xohán Xesús González, o que foi unha das persoas que máis loitou pola liberación nacional
e social da nosa terra, empresa pola que lle foi arrebatada a vida, e que, salvo breves alusións nalgúns libros históricos e a difusión de asociacións como "O Fervedoiro" ou "O Meigallo" de Cuntis, case non atopamos difusión da súa vida e obra. Aparte de homenaxear así unha xeración de veciños do Concello de Cuntis, represaliados polos fascistas nos comezos da guerra: Avelino Ares, o alcalde Manuel Rodríguez, Serxio González, Roberto Blanco Torres...este último, gran amigo de Xohán Xesús, homenaxeado no 1998 (ano arriba, ano abaixo).
Tamén me gustaría enviarlle o meo apoio aos de "O Fervedoiro", que últimamente teñen moito traballo na súa defensa do río Gallo. FORZA NA LOITA!!!

Montemogos #13 29/Xuño/2007 Montemogos

Don Denís, trobador moi prolífico e mostra da unidade galego-portuguesa medieval. Ademais, desde a descuberta do manuscrito Sharrer é o único -xunto con M. Codax- de quen se conserva música das súas cantigas.
Tamén estaría ben Carballo (como el tamén escribiu moito tempo) Calero ou Johan Carballeira.

Barcelos #14 29/Xuño/2007 Barcelos

Esquecíame de Manquiña,Cañita Brava e Superpinheiro e mais o Gaioso o primeiro en anunciar a morte do Fary (cuns meses de antelación)

Barcelos #15 29/Xuño/2007 Barcelos

E por suposto Jose Luís Méndez, o director de Caixa Galicia. Que se alguén entende de "letras" galegas e do resto do mundo, ese é el. De cobralas por suposto.

Gaviotero #16 1/Xullo/2007 Gaviotero

Yo propongo a Touriño por su capacidad para decir "eneiro" sin inmutarse. Y si no, a Quintana, que poco más o menos tiene el gallego de su compinche.

cdrc #17 1/Xullo/2007 cdrc

Carvalho Calero, sem dúvida.

Pero penso que adicar o Dia das Letras Galegas a um reitegracionista suporia para governantes e "autoridades" reconhecer ao menos que existe umha norma ortográfica distinta da oficial e que há gente que a defendeu e defende como a legítima na Galiza. Isto é, gerar debate. E isso parez que, depois do da "normativa da concórdia", nom interessa.

Saúde!

Xeonllo #18 1/Xullo/2007 Xeonllo

Se defendes o lusismo, ese "pero" sobra por completo. Mais aínda: o "pero" é un clarísimo castelanismo que incomprensiblemente se deixou colar na normativa oficial do galego, porque en cambio non se admite "Dios", que é tamén un castelanismo mais que é moito máis antigo e arraizado na lingua que "pero". En galego sempre se dixera "mais", e o "pero" penso que foi unha palabra que comezou a usarse nas cidades por xente que falando galego quería "suavizar" a pureza do idioma para non parecer tan "asilvestrado" e parecerse un pouco máis a un idioma "civilizado".

OBSERVADOR #19 1/Xullo/2007 OBSERVADOR

Perfeitamente, Xeonllo. Também usar a grafia "ll" para representar o som da tua alcunha é um castelanismo.

Em galego, o ele duplo ("ll") nunca soou como o ele agá ("lh"), senão como ele simples ("l").

Os apelidos "De Mello" ou "Vasconcellos" lêm-se "De Melo" e "Vasconcelos".

Xeonllo #20 1/Xullo/2007 Xeonllo

Observador:

Eu, como sabes, non utilizo a ortografía portuguesa. Utilizo máis ben a oficial da RAG, aínda que son partidario dun reintegracionismo de mínimos e entón escribo un pouco á miña maneira, dentro dunha orde.

Con respeito ao duplo "ll", dis que nunca soou como "lh" en portugués actual (ou como soa "ll" en español), mais iso non é tan exacto. Na época medieval utilizáronse para ese sonido diversas grafías, entre elas "ll": l, li, lh e ll. Despois foi callando a grafía "lh", máis que nada en Portugal.

De todas formas, creo que o asunto das normas e ortografía segue aberto, aínda que acho que non deberiamos andar nunha liorta ou guerra de normativas. O principal paréceme que é depurar a lingua de castelanismos nos que todos podemos estar de acordo, e promover o galego. Máis adiante, noutras fases, se a nosa lingua consegue progresar... xa se verá.

Saúdos.

OBSERVADOR #21 1/Xullo/2007 OBSERVADOR

«mais que nada em Portugal»????

Caramba, diz, em que fontes baseias essa teoria? É tua?

Xeonllo #22 1/Xullo/2007 Xeonllo

Observador, non son teorías miñas.

Dende mediados do século XIII é cando comezan a predominar en Portugal grafías de orixe provenzal, como "lh" e "nh", esta última en vez do "ñ" que hoxe se utiliza en español e no galego oficial. De todas as maneiras, o grafismo "ll" usouse algunhas veces na Idade Media para ese son do que falabamos.

teixugo #23 30/Xullo/2007 teixugo

Carvalho Calero ou na sua falta, Luis de Camões. Galego nè?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: