Os usuarios poden compartir os seus vídeos con outros clientes a través do receptor.
A empresa francesa Free acaba de lanzar un servizo que lles permitirá aos usuarios crear a súa propia canle de televisión. O servizo, chamado TV Perso, ofrece a posibilidade crear e compartir vídeos propios a través do televisor.
Free distribúe servizos de telefonía, internet e televisión. O seu novo router dispón dunha entrada de vídeo a través da cal os clientes poden enviar as súas imaxes ao servidor da empresa. Calquera outro usuario poderá acceder a eses vídeos a través do canal 13 do seu mando a distancia.
TV Perso pretende ser o equivalente no televisor ao que YouTube supuxo na rede: pódense crear contidos televisivos para que os vexan o resto dos usuarios. O servizo é aberto, mais non anónimo, polo que os usuarios que infrinxan os dereitos de propiedade intelectual poden ser doadamente identificados e denunciados.