O MpDC denuncia que se esgriman "razóns de seguridade cidadá para xustificaren os golpes contra os cidadáns".
A Delegación do goberno español en Galiza afirmou o dispositivo policial despregado na ría de Ferrol para permitir o paso do gaseiro Galicia Spirit até as instalacións de Reganosa, o pasado 9 de maio, produciuse ante a "elevada posibilidade" de que "un novo intento de bloqueo da ría" provocase unha "traxedia".
O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) recibía esta quinta feira resposta do goberno estatal ás queixas presentadas pola desproporcionalidade da actuación da Policía -que en sucesos posteriores incluso contou coa colaboración das forzas militares-, para lles impedir aos mariscadores realizar o seu traballo e defender os intereses dunha empresa privada, segundo denunciou a organización.
"Traxedia a que pode causar Reganosa"
"Tal e como recolle a legalidade vixente, os mariscadores non exercían ningunha actividade ilegal, xa que só pretendían dirixirse ao seu lugar habitual de traballo. En todo caso terían que ter sido advertidos con 72 horas de antelación, para que mantivesen libre o canal da ría e así facilitar a entrada de calquera buque", sinalou o MpDC nun comunicado.
"Desde o MpDC entendemos que o perigoso é ordenar que as forzas de seguridade ataquen desta maneira contra as liberdades da poboación cando está a denunciar precisamente a posibilidade dunha catástrofe ante a ausencia dun plan de emerxencias en Reganosa", afirman, e engaden que "iso si que podería constituír unha auténtica traxedia para a poboación e para a natureza".
xa pode ter boa soldada o ameijeiras vales, por que peito ten abondo. ministros do interior, directores xerais da policía, xefes do cesid, secretarios de estado para la seguridad... e gobernadores civis. son cargos que sempre dan o cante. eu xa boto de menos o arsenio fdez de mesa e a súa carga de gomina tipo conde lequio.
o traballo non remata ainda...
Haberá que botalos tamén