Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No centro de Londres

A Policía londiniense neutraliza "un gran artefacto explosivo" nun coche

O vehículo, atopado preto de Picadilly Circus, transportaba unha bombona de gas, 60 litros de gasolina e cravos na súa parte posterior.

Redacción - 14:00 29/06/2007
Un experto policial examina o vehículo, este venres en Londres

Un experto policial examina o vehículo, este venres en Londres

A Policía británica anunciou este venres o achado e neutralización dun "artefacto potencialmente explosivo" nun automóbil na zona do Haymarket, preto de Picadilly Circus, no centro de Londres, segundo informou a BBC.

O achado produciuse pouco antes das 2.00 horas (local), despois de que se informou da existencia dun vehículo sospeitoso. A zona foi acordoada mentres a Policía examinaba o artefacto.

O comando antiterrorista da Policía Metropolitana iniciou unha investigación e a zona do Haymarket podería permanecer pechada por algún tempo. A unidade gobernamental de urxencia Cobra reuniuse de urxencia.

Mercedes prateado
Fontes policiais indicaron que a suposta bomba era un "gran artefacto" que supuña unha ameaza real nos arredores do Haymarket, considerado o centro do mundo do teatro en Londres, e ao carón da concorrida zona comercial de Regent Street.

Unha testemuña presencial asegurou que os axentes extraeron contra as 4.00 horas (local) varias bombonas de gas na parte traseira do automóbil, un Mercedes prateado. Ademais había ao redor de 60 litros de petróleo e cravos.

Outra testemuña declarou que puido ver como o coche circulaba de forma confusa antes de ir bater contra unha papeleira e que posteriormente o condutor escapou do lugar.


Ligazóns

4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: