Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Jovino queda de sexto en K2

Bronce para David Cal en C1

O cangués obtivo o terceiro posto do podio, inaugurando o medalleiro do Campionato de Europa 2007 de piragüismo que se desputa en Verducido.

Redacción - 17:47 30/06/2007
David Cal coa medalla de bronce

David Cal coa medalla de bronce

A prata foi para o ruso Opalev Maxim, e o ouro, para o húngaro Vajda Attila. O campión olímpico David Cal é polo de agora o único membro do equipo español que pisou o podio. Pese á súa boa marca (fixo os 1.000 metros en 4:08, só unha décima por baixo de Maxim e catro por baixo de Attila), salientou que estaba moi canso logo dunha semana moi intensa, e iso repercutiu nos resultados. "Non é que estivese en baixa forma. Levo toda a semana adestrando moi duro".

O outro protagonista da xornada en Verducido era o vigués Jovino González Comesaña, quen chegou á final de kayak 2 xunto co asturiano Javier Hernanz Agüeria. Acadaron un modesto sexto posto, por baixo dos irlandeses, que se fixeron co ouro, os alemáns no segundo posto, os finlandeses, no bronce, os croatas e os polacos.

Agora queda agardar pola xornada de mañá: Cal aínda participa na final de 500 metros, ás 11:24. E Teresa Portela é finalista en kayak 4, 500 metros feminina, que se desputa ás 12:35.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: