As dúas partes comprométense a mellorar o cumprimento dos criterios de códigos de moda, ética e desenvolvemento sustentábel.
Inditex ten un volume de negocio aproximado de 7.000 millóns de euros
O grupo Inditex chegou a pasada cuarta feira en Casablanca a un acordo de colaboración coa Asociación Marroquí das Industrias do Téxtil e da Vestimenta (AMITH, nas súas siglas en francés) co fin de desenvolver a colaboración entre as marcas da empresa galega e os provedores marroquís.
Ademais, ten como obxectivo promover o produto téxtil marroquí e adoptar e xeneralizar a marca 'fibra cidadá'. Asemade, as dúas partes comprometéronse tamén a utilizar os medios necesarios para mellorar o cumprimento dos criterios de códigos de moda, ética e desenvolvemento sustentábel, segundo as normas practicadas a escala internacional.
"Modernización" e "madurez"
Este compromiso "procede dunha forte convicción dos desenvolvementos logrados grazas ao aceptación das empresas das normas e valores sociais no seu proceso de modernización", subliñou Karim Tazi, presidente da AMITH.
Pola súa banda, Doug Miller, representante da Federación Internacional de Traballadores do Téxtil, afirmou que o acordo de colaboración reflexa a "madurez" da industria en Marrocos, que alcanzou o seu "pleno desenvolvemento nos eidos económico, xurídico, social e ambiental".
Inditex é un dos principais distribuidores de moda do mundo, con oito formatos comerciais -Zara, Pull and Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Kiddy's Class- que contan con 3.263 establecementos en 65 países e un volume de negocio aproximado de 7.000 millóns de euros.
Era o que faltaba. A Amarcio Ortega xa non lle chega con "explotar" ás coperativas do textil de Galicia, que agora vai "axudar" aos marroquís. Dentro duns meses Inditex voltará ser noticia. "Inditex, el grupo que lidera Amancio Ortega, obtuvo en los últimos seis meses un 300 % más de beneficios, gracias a las inversiones e a los "criterios de moda, ética y desarrollo sostenible" llevados a cabo en Marruecos".