Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TOLEMIA CONSUMISTA POLO iPHONE, Á VENDA NA REDE

O teléfono de Apple non se poderá mercar en Galiza até o Nadal

Os distribuídores galegos reciben numerosas chamadas de persoas que queren xa un iPhone. É probábel que o prezo mínimo sexa uns 500 euros.

M.V. - 11:31 02/07/2007
Foto: Duncandavidson.com

Foto: Duncandavidson.com

Centos de norteamericanos fixeron cola durante varios días diante das tendas de Apple. Mesmo os había que vendían o seu posto na fila por 5.000 dólares. A razón de tal tolemia era que o venres púñase a venda o iPhone, o teléfono móbil de Apple que aspira a revolucionar o sector; tal e como fixo o iPod co mercado da música.

En Galiza tamén existe certa expectación polo trebello. Dende AS Computer, un distribuídor de Apple en Santiago, destacan que xa recibiron numerosas chamadas de clientes interesados en mercar o iPhone, algo aínda imposíbel.

Os galegos terán que agardar ata, cando menos, a campaña de Nadal. Esta é a data que manexan os distribuídores de Apple no país, aínda que o prazo non foi confirmado oficialmente.

O prezo dispárase en E-bay
Os que non podan agardar sempre poden compralo en e-Bay, onde, tres días despois da súa posta á venda, pódese poxar por iPhone a partir duns 700 euros. O aparello véndese nos Estados Unidos a uns 500 dólares, pero Apple non confirmou o prezo que terá en Europa. Tendo en conta o precedente do iPod, é probábel que o teléfono custe, polo menos, 500 euros no vello continente.

É dicir, un 20% máis que nos Estados Unidos. Neste país, ademais, os clientes deben firmar un contrato de dous anos coa operadora ATT, a razón duns 50 euros ao mes.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: