Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo unha enquisa

O 60% dos canadenses non teñen nin idea do seu país

So catro de cada dez aprobarían o exame esixido aos emigrantes que aspiran a obter a cidadanía.

Redacción - 19:30 02/07/2007

Os canadenses saben tan pouco do seu país que a maioría suspendería o exame esixido aos inmigrantes aspirantes a obter a cidadanía do país norteamericano. Así se desprende dunha enquisa publicada a pasada fin de semana.

Tan só catro de cada dez aprobarían, segundo a sondaxe elaborada por Ipsos-Reid, que xa en 1997 fixera unha similar con mellores resultados. Naquela ocasión a porcentaxe de canadenses que suspenderían era do 45%, quince puntos menos que dez anos despois.

Cuestións básicas
"Os canadenses semellan ter un maior descoñecemento canto máis básicas e elementais son as cuestións", sinala a compañía nun comunicado.

Tan só o 4% sabía cal son os requirimentos que un habitante de Canadá debe cumprir para poder votar; unicamente un terzo foi capaz de identificar correctamente as distintas provincias e territorios do país; e só o 8% era coñecedor de que a raíña Elizabeth II é a xefa de Estado de Canadá.

O estudo foi encargado polo Dominion Institute que defende a implantación dunha especie de 'exame de cidadanía' nos institutos obrigatorio para se poder graduar. O seu obxectivo é impulsar o coñecemento da historia e dos valores canadenses.


Documentos

4/5 (4 votos)


Comentarios (3)

llorllidan #1 2/Xullo/2007 llorllidan

Os canadenses que son, de Canadensia?

miguelpenas #2 2/Xullo/2007 miguelpenas

Pois será de Canada. Como di a Wikipedia

"O gentílico do país é canadense (no Brasil) ou canadiano(a) (em Portugal)."

http://pt.wikipedia.org/wiki/C...

Picheleiro #3 3/Xullo/2007 Picheleiro

Joer, vaia novidade. Se é o mesmo que lles pasa aos "españolistas" na Galiza. Por saber, non saben nin falar galego.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: