Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A carreira comeza o sábado

O Tour négalle a Pereiro o número 1 na saída

Escusándose nas reviravoltas burocráticas do caso Landis, a organización do Tour decidiu eliminar os dorsais entre o 1 e o 10. Así, Pereiro sairía co número 11 como "virtual" gañador da edición anterior.

Redacción - 19:27 02/07/2007

O próximo sábado 7 de xullo bota a andar o Tour de Francia, que durante todo o mes e até o domingo 29 leva o ciclismo ás primeiras planas da actualidade da información deportiva en todo o mundo.

O galego Óscar Pereiro compartirá con Alejandro Valverde o liderado do equipo Caisse d'Epargne. Pereiro prometeu para esta edición a actitude combativa e a estratexia de ataque que veñen caracterizando o seu comportamento na carreira os últimos anos. A aposta polo espectáculo ciclista de Pereiro en 2006, avalada co primeiro Tour para Galiza, logo de confirmarse o positivo do estadounidense Floyd Landis, non terá refrendo de momento. A organización da carreira segue evitando deferencias co gañador real da proba, e renuncia a que Óscar Pereiro saia co número 1 na primeira tirada de Londres. Malia saír último na proba contra o reloxo inicial, coma todos os vencedores do Tour na seguinte edición, Pereiro terá que conformarse co dorsal número 11.


4,13/5 (8 votos)


Comentarios (6)

haiqueroelo #1 2/Xullo/2007 haiqueroelo

Equivócanse, esa decisión inxusta quítalle prestixio ó Tour! Alé Pereiro!

Gaviotero #2 2/Xullo/2007 Gaviotero

¡Intolerable! ¡¡¡"Anjo" Quintana debe retirar inmediatamente el embajador gallaéctico de Francia, romper relaciones, declararles la guerra!!!

Aunque, ahora que lo pienso...¿sabrán dónde coño está Galicia? ¡jejeje!

xoca #3 3/Xullo/2007 xoca

Pois lamentabelmente pasaremos de seguir o Tour deste ano, se de publicidade viven, pola miña parte seran cartos mal investidos.

figologo #4 3/Xullo/2007 figologo

Pereiro essssssspectáculo queremos!

Tino #5 4/Xullo/2007 Tino

Gaviotero: carroña pido, carroña meto!

O_Castrexo #6 9/Xullo/2007 O_Castrexo

Expresamente dedicado o Gaviotero.

Saberán os franceses onde está Galicia?

Comprobemos canto saben os franceses de Galicia:

http://fr.wikipedia.org/wiki/G...

http://fr.wikipedia.org/wiki/S...

http://fr.wikipedia.org/wiki/L...

http://www.bretagne-galice.com...

... O do 'Chamin de Saint-Jacques' soaralles de algo?

Ostiá... aínda saben un pouco eh?

E dos embaixadores 'gallaéticos'?

http://fr.wikipedia.org/wiki/O...

Saben, saben...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: