Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen plan para o traslado da celulosa

Medio Ambiente non espera que ENCE saia da ría de Pontevedra antes de 2012

"Ninguén que teña un mínimo de rigor pode formular o traslado de forma inmediata", comentou o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Redacción - 09:00 04/07/2007

"No mellor dos escenarios pasarán como mínimo até cinco ou seis anos desde que a empresa acceda ao traslado", indicou o conselleiro de Medio Ambiente este martes. Manuel Vázquez respondíalle á "preocupación" de empresarios do porto de Marín polo impacto que consideran que vai ter sobre o volume de negocio o traslado do complexo de Lourizán. O empresariado subliñou que Ence converteuse nun dos principais clientes das instalacións portuarias, apuntando a incerteza sobre o que implicaría a saída de Ence da zona.

Ao respecto, o conselleiro explicou que o Goberno non espera que Ence vaia deixar a súa actual ubicación "antes de cinco ou seis anos". Con todo, lembrou que existe un "claro compromiso político" da Xunta para que ese traslado finalmente si se realice. Recordou ao respecto que o executivo poñerá na mesa incentivos económicos e empresariais cos que se poderían acurtar os prazos. Así e todo recoñeceu Manuel Vázquez que "dependemos da vontade empresarial da dirección da empresa para adoptar esa decisión xa que por contrato pode permanecer na súa situación até 2018".

Acción ambiental
Manuel Vázquez tamén avanzou que para a semana que vén o seu departamento presentará un proxecto ambiental co que asegurou que a ría de Pontevedra poderá conseguir "o razóabel punto de depuración" onde debera situarse. Ao fío recordou que cando botou a andar o actual goberno "a depuradora de Placeres estaba construída pero non funcionaba, había un contencioso entre empresa e o Concello de Pontevedra, e varias verteduras dende a ribeira chegaban á zona de Praceres". O conselleiro dixo confiar en que co próximo plan "esta situación quedará felizmente superada".


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Tino #1 4/Xullo/2007 Tino

Pois q saia en 2012 dunha vez.
Por certo, agora están en situación ilegal pq o Concello non lle prorrogou a licenza.

Brais #2 4/Xullo/2007 Brais

Para daquela seguramente xa será Telmo Martín alcalde e a ver se está o goberno actual na Xunta. A ver o que pasa

ecoe #3 4/Xullo/2007 ecoe

Seguramente tardarán =qué importa que siga a cometer repetidamente o delito ecolóxico probado e fallado en tribunais=. Pode ser que tarden tanto, uns e outra, por acumular subvención pública (é dicir dos mesmos afectados pola fechorías empresariais) de abondo para ser axeitadamente convencida, non sí sr. conselleiro?

Que non nola fechen, que se AFUNDE a nosa economía!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: