Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Josu Erkoreka, voceiro do PNV

"É necesario un compromiso coa paz maior ca nunca"

Co Congreso medio baleiro, Erkoreka adicoulle os cualificativos de "mediocres" e "nugalláns" aos deputados que non asisten á sesión da mañá deste mércores no "Debate sobre o estado da nación".

Redacción - 11:56 04/07/2007

"Nada se lle pode reprochar ao goberno español neste asunto", afirmou o voceiro parlamentario do PNV, Josue Erkoreka, quen indiciou que non quería falar na Cámara Baixa do conflito vasco "máis do necesario". Erkoreka considerou que o presidente do goberno fixo "o que debía" en favor da paz. Cara ao futuro, o deputado nacionalista expresou que "non será abondo con facer o que se poida", senón que será necesario "obrar con máis realismo ca nunca". Erkoreka referiuse ao proceso de paz no Úlster e expresou que parte do éxito debeuse nese caso a que o ex primeiro ministro británico, Tony Blair, "mantivo sempre un fío de comunicación e unha mínima confianza".

Por outro lado, Erkoreka reprochoulle ao goberno español a súa actitude fronte á negociación do traspaso de competencias cara á Euskadi, opinando que ao PNV non lle foi mellor "do que co goberno de PP sen maioría absoluta". Foi nese sentido que acusou ao presidente José Luís Rodríguez Zapatero de ser "o mellor conservador do legado de Aznar". Ao fío, acusou aos socialistas de compartiren co PP unha "fe nacional hispana". "Seguimos agardando que se cumpra o Estatuto de Gernika, case trinta anos despois de que entrase en vigor", afirmou. Así, referiuse a asuntos conretos como o réxime económico da Seguridade Social ou a administración penitenciaria, definíndoos de "froita prohibida por motivos teolóxicos se cadra só accesíbeis aos que profesan desa fe nacional hispana". "Vostede díxonos que co seu mandato volvía o amencer, pero o tempo pasa e o balance é o mesmo que con Aznar, o comandante que chegou e mandou parar", censurou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: