O 39% dos mozos galegos desta idade mantén relacións sexuais 'de risco'
Os centros Quérote achegan información e asesoramento sobre sexualidade
O director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, manifestou esta cuarta feira que o 39% dos mozos de entre 15 e 19 anos recoñece que mantén prácticas sexuais 'de risco', e lembrou que o 50% de rapaces comprendidos entre estas idades xa tivo relacións algunha vez, adiantándose a súa idade de inicio, e unha media de catro parellas ao ano.
Medina revelou estes datos no acto de entrega dos premios webquest, actividades de ensino sobre educación afectivo-sexual baseadas na internet, a profesores de infantil, primaria e educación secundaria.
Vou ter un irmán!, mais como? de Belén Vázquez e Así nacemos de 'Felo' foron os premiados na categoría de infantil e primaria; mentres que Amar na diversidade, vivir na igualdade de Marcelino Veiguela e Esther Mato e E agora que? de Cristina Sacristán, gañaron en ensino secundario. Os primeiros premios por cada categoría consisten nun ordenador portátil e os segundos nunha PDA.
Sexualidade satisfactoria e responsábel
Os contidos destas páxinas de ensino abranguen cuestións como a prevención de infeccións de enfermidades de transmisión sexual e do embarazo non desexado; previr o sexismo, a homofobia e á violencia; ademais de fomentar a aceptación da diversidade.
Trátase de incidir na dimensión da construción da identidade persoal, dos afectos e emocións, e da igualdade entre homes e mulleres, así como conseguir que a xuventude do país teña unha vivencia da sexualidade "satisfactoria e responsábel", segundo se indicou dende a Consellería de Sanidade.
Neste senso, Medina indicou que o Plan de Saúde 2006-2009 e o Plan de Atención Integral á Saúde da Muller recollen como prioridade a educación afectivo-sexual e salientou "a importancia de diminuír as enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados".
Está claro q no anterior comentario meu confundín a porcentaxe, keria dicir o 50%...
el hedonismo es un deseo pasajero, decía quel santo varón que andaba polo orbe bicando o cemento das pistas de aterraxe. joven, no sucumbas a la pasión, mantente alerta. e así estábamos, na trincheira, sacralizando a dor, a pobreza, o ascetismo. pero claro, ahora veñen estes repartindo condóns e falando do sexo responsabel e vemos os bmw, os mercedes polo paseu de sanxenxo e esas peles morenas que reflexan os máis fondos sonos que nos deixaron ter e alá vai a entrega, o carisma e o talante. alá fuxiu a vocación espiritual e a narrativa centroeurope. vamos vivilo momento, que o pasado está cheo de mortos e o futuro cheo de xente que vai morrer.