Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Debate do estado da nación"

ERC afonda na creba da colaboración co PSOE

Destacou o deputado de Esquerra, Joan Tardá, na súa intervención deste xoves, que á diferencia das citas de 2005 e 2006, en 2007 o seu partido non votará cos socialistas ningunha proposta.

Redacción - 12:24 05/07/2007

As reclamacións dos nacionalistas cataláns para as propostas de resolución deste debate centráronse en dous puntos. Por unha parte solicitan a "fin da opacidade na relación financeira entre Cataluña e España". É así que piden a publicación dos balances fiscais onde segundo ERC se podería ver claramente o "desequilibrio inxusto" entre o que Cataluña achega e recibe do Estado respecto a outras comunidades autónomas.

Xa que logo, ERC solicita que os investimentos do goberno español en Cataluña sexan proporcionais ao peso de Cataluña no PIB estatal. A outra queixa de Esquerra é sobre o déficit no incumprimento do Estatut, asunto onde o representante do partido se amosou especialmente belixerante. Joan Tardá foi tamén moi crítico co que cualificou de falta de vontade do grupo parlamentario do PSOE á hora de negociar emendas para as propostas de resolución. Na súa opinión, outros grupos parlamentarios accederon a rebaixar as súas propostas quitándolle concreción e prazos. "Se se rebaixa o programado e non se lle pon data a nada, xa logo se encargarán columnistas amigos de converter fume en noticia", ironizou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: