Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTARÁ OPERATIVO EN TRES ANOS

O Goberno aproba o corredor da Costa da Morte para rematar co seu “illamento histórico”

O Consello da Xunta autorizou a construción, que terá un custo de 300 millóns de euros

Redacción - 17:19 05/07/2007

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, asegurou este xoves que o corredor vial da Costa da Morte vai servir para rematar co “illamento hsitórico” das bisbarras de Bergantiños, Soneira e Fisterra. O executivo prevé que as obras da estrada de alta capacidade estean rematadas ao longo de 2010. En total invístense 300 millóns de euros.

A infraestrutura é unha vella demanda dos municipios da Costa da Morte que sempre se queixaron da mala comunicación coa vila de Carballo. A estrada, que dependerá dunha concesionaria, servirá para artellar as comunicacións das tres comarcas que conforman a Costa da Morte. Porén, o obxectivo último é que este vial acabe sendo unha autovía mais para isto o Goberno calculan que terán que pasar once anos aínda.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 5/Xullo/2007 ecoe

Vaia co Goberno protector da desfeita urbanística: e cómo é que os vosos trazados sempre van galgados á liña de costa? Porqué non a 20 km. en paralelo?

bertibox #2 5/Xullo/2007 bertibox

A verdade e que xa escoitei esto algunha outra vez, penso que xa sera a aprobacion da aprobacion anterior. Logo viran os retrasos por culpa dos mais inverosimiles casos, despois inauguraran tramos de 500 metros (eso si xusto antes das elecions), logo... o fin, os once anos faran falla para acabar o corredor que teria que ser para o 2010. O vello dito de "coa Igrexa topamos" podemolo aplicar os politicos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: