Mentres os estudos sinalan centos de treitos perigosos e en mal estado, Tráfico desvía a culpa dos accidentes.
Hai pouco máis de seis meses que o goberno español amosaba os datos segundo os cales no treito 2001-2005 a Dirección Xeral de Tráfico, DXT, ingresou máis de 173 millóns de euros en Galiza. No mesmo período, e tal e como recoñecía o executivo en resposta a unha pregunta do BNG no Congreso, a DXT apenas gastou un 15% desa cantidade no noso país.
Mentres estudos paralelos sinalan o mal estado das estradas galegas, cun elevado número de treitos perigosos e en xeral un significativo mal estado de conservación das vías, desde Tráfico evitan considerar eses factores ao avaliar a sinistralidade en Galiza. Por riba, apenas 26 millóns de euros do recadado no conxunto das estradas do país foron destinados pola DXT a proxectos relacionados con Galiza entre os anos 2001 e 2005.
Touriño e Quintana critican as declaracións de Pere Navarro
Ás palabras do responsábel da DXT, que este xoves se referiu ao presunto "pesimismo crónico" dos galegos fronte a sinistralidade nas estradas, respondeu tamén o presidente da Xunta. Emilio Pérez Touriño cualificou de "desafortunadas" e "altamente equivocadas" as palabras de Pere Navarro e pediulle unha "oportuna rectificación".
De paso, avisoulle de que lle toca "poñerse as pilas" para botar adiante compromisos asumidos con Galiza e de momento incumpridos. Sobre o mesmo asunto, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aproveitou para lembrarlle a Pere Navarro que Galiza solicitou xa o traspaso das competencias en Tráfico, petición á que de momento parece non responder o goberno español.
Estoume lembrando de cando nun programa de TV hai uns meses o tal Navarro queixábase de que un tertuliano, creo que xornalista, dixese que a política da DXT era recaudatoria, que ¡cómo podía dicir iso alguén que debía estar ben informado!
Ja, ja, ja ...
E os conductores levamos tres anos sendo os responsables directos dos mortos nas estradas por decisión política e connivencia dos medios de comunicación (si vostedes, tamén), mentres o goberno mantén e amplía concesións de autoestradas, autoriza a circulación de modelos de vehículos de catro rodas sen carnet, regala carnets de motos ós que teñan os de coche, reduce o mantemento das estradas, as que constrúe as ten que desdobrar despois de bater records de sinistralidade, lee o reglamento de circulación como unha beata os dez mandamentos, fai trampas cando aplica as propias leis do Estado, e agora vai comezar a meter na cadea a quen cometa unha infracción administrativa mesmo sen causar dano ... ¿Como me baixo disto?
Ese tal Pere pasou por algunha estrada de Galiza? Algunhas ainda parecen corredoiras, cheas de baches, hai q esquivar os outros coches e facer malabarismos para non bater.
Cos rallis q temos q facer por aki para esquivar os baches, xa verás Pera como se che vai a ti tamén o pesismismo crónico!!
Que nos deixen a xestión dunha vez.
Máis alá das impresentábeis declaracións deste fulano (que se non dimite polo menos debería pedir perdón), o importante aquí é que o tráfico é o verdadeiro terrorismo en GZ, o que está a matar a nosa mocidade.
Cómpre buscarlle solucións xa. Calquera investimento en atallar este problema será cativo.
Eu persoalmente daba todos os cartos que costa facer o AVE a Madrid por que se gastasen en solucións (que recoñezo non sei cal son).
Claro, claro. En Galiza hai máis sinistros porque somos pesimistas.
En Cataluña haberá menos porque como son tacaños así gastan menos en chapistas. Os vascos, que son moi duros, non morren aínda que teñan accidentes. Os madrileños son tan chulos que non teñen accidentes, aparcan como lles da a gana. Ah, e como os andaluces, opostos ós galaicos, son moi optimistas e amigos da troula, non teñen ningún accidente.
Posdata: que nos den a independencia para reparar as estadísticas de Tráfico, sen nós mortos cero.
Como non nos van dar esa independencia, que nos den as merecidas e oportunas competencias nesta materia para a tan desexada policía autonómica (ou policía nacional galega). A implantación do carné Puntual foi un fracaso: sí un fracaso porque as boas cifras estatais son por unha banda a suma de demasiadas realidades moi distintas unhas das outras (en Galiza non tivo esa repercusión) e por outra veñen da primeira época do carné, xa que nos últimos meses a ninguién lle acordan os Puntos. Que hai que modernizar o sistema de control de Tráfico para axilizar o control e sanción, pois postos a gastar cartos que os que lle correspondían´ó porcentaxe de condutores galegos se invirta en Galiza, nesa Policia Autonómica.
Típico discurso victimista que se produce en toooooooodas las comunidades autónomas españolas.
Si nos ponemos a invertir lo que se recauda en Galicia, está comunidad estaría condenada a morir, porque anualmente recibe mucho más de lo que recauda, lo cual es lógico por otra parte dada la estructura de su población, con un gran número de pensionistas y empleados del sector público frente a la población activa.
Otra cosa es que lo que dijo el pavo ese, catalán por cierto, sea una melonada propia de un inútil. Pero cuando oiga las críticas de Touriño o Quintana le dará la risa, porque al fin y al cabo ese par de cabestros no dejan de ser palmeros pa reírle las gracias a Zapatero.
Amigo Gaviotero:
Non vou perder o tempo a explicarche cómo de positiva ó noso favor estaría a balanza de pagos dun hipotético estado Galego con respeito á túa querida España, pero só decirche que ese discurso teu sí que é victimista ó pensar que non nos valemos por nós mesmos.
Tiña razón Sabino Arana, pros españois Galiza é a última merda, como tí ben ves a dicir (aquí só hai vellos e funcionarios). Así que nos deixen ir que xa nos apañaremos sós, e os que prefirades vivir en España, xa sabedes, collede as autovías feitas con cartos europeos (non españois) e fóra daquí.
Agora teño que marchar, pero se me contestas, mide as túas palabras non vaia ser que che quiten os mensaxes por caer na fascista falta ó respeto dos que defenden a convivencia lexítima e libre dos pobos, sen asoballamento polas nacións estado máis poderosas.
O pensamento (?) de Gaviotero: http://www.blogger.com/profile...
Que por certo usa o inglés no blog....
Estasnos a dar moitas pistas.....