César Antonio Molina é unha das novidades no gabinete, asumindo a carteira de Cultura. Segue no seu posto a ministra de Agricultura, a ourensá Elena Espinosa. Elena Salgado, até o de agora en Sanidade, pasa a Administracións Públicas.
Apenas a oito meses do final da lexislatura, o goberno español afronta novos cambios. O presidente José Luís Rodríguez Zapatero anunciou as modificacións pasadas as 10h deste venres.
O coruñés César Antonio Molina, actual director do Instituto Cervantes releva no Ministerio de Cultura á ministra Carmen Calvo. Ademais, a actual ministra de Sanidade, a ourensá Elena Salgado, pasa da carteira de Sanidade até o Ministerio de Administracións Públicas, que actualmente xestiona Jordi Sevilla. A ministra de Agricultura, a tamén galega Elena Espinosa, mantense no seu cargo, sumando así unha significativa representación galega no executivo español.
Outra das novidades é a chegada de Bernat Soria, coñecido investigador, para substituír a Salgado en Sanidade. Para o Ministerio de Vivenda anunciou a entrada de Carme Chacón en substitución de María Trujillo.
Zapatero comentou en primeiro lugar a escolla de César Antonio Molina para Cultura, destacando a "magnífica xestión" que na súa opinión fixo Molina do Instituto Cervantes, onde o galego era director desde 2004. Por outro lado, referiuse á galega Elena Salgado coma "unha das mellores xestoras públicas que coñezo". Nese sentido, Zapatero explicou que a Salgado lle tocara avanzar na "modernización e adecuación aos tempos da administración pública". O presidente do executivo español subliñou que todos estes cambios son realizados para "completar plenamente os compromisos electorais" cos que chegara ao poder o actual executivo e indicou que ao tempo pretende "preparar cambios e proxectos cara á próxima lexislatura".
E de que nos vale?
Se son como a Helena Espinosa, q ten un acento de Madrid e só se lembra de nós cando toca comer...
A maioria dos representantes galegos en Madrid q tivemos son reproducións dos vellos ministros da república, desarraigados, sen memoria, sen acento, afincados na capital q pensan en Galiza cando toca papadela e nas vacacións (Pepe Blanco, Raghoi, etc, etc).
Polo menos o Felipe González púxolle o AVE aos seus, nós, a velas vir...
Buenoooo che! a calor amolece os miolos?. Ulo galeguismo/galeguidade deles?. Un chisco de memoria, que como nos confiemos e deixemos a presión esquecenos.
Agora debemos centrarmos na negociación dos orzamentos e poñerllo todo o duro que poidamos.
Optimismo (que non diga tonterias o Pere) pero desconfianza na Hespaña que nunca nos deu nada gratis nin doado e ben máis nos quitou e quita.
Boh, vaia parvada. Tres nacidos neste curro do territorio estatal son ministros. Outro, embaixador onda o PaPa. Un descansa no val dos Caídos. O máis guapo rixe a oposición ó goberno estatal. Ño! da gusto ser galego eh?.
Perdoádeme os orgullosos de ter galegos así en Madrid, pero se eles son galegos eu non sei o que son. Esa xente para min son uns vendidos, conversos á fe española que renegan do que foron os seus antergos, que exercen de españolistas e que non supoñen nin supuxeron nada mellor para nós do que terían suposto outros nados noutros currunchos do estado. Se ata un é o que manda no Cervantes, bandeira do españolismo.
Galegos son Paco Rodriguez e Olaia. Como dixo Carlosroca, leña nos orzamentos!!! e, tamén, hai que acadar grupo parlamentar!!!!!!!.
As veces os de Vieiros titulades as cousas como se a xente fose parva :P
Galegos do P$oE = Traidores ;)
Ya están los nacis repartiendo carnés de gallego...igual son más gallegos Fraga, Rajoy o Elena Espinosa que cualquiera de ellos.
hahhahahahah
Gaviotero, a ver se te enteras, só son galegos os que levaron pancarta na mani contra as nuclear de Xove... O resto, purrela!
Pero un español pa qué quere o carné de galego. Saca un de Teletubilandia que seguro que che fai máis ilusión.
O de cultura teño entendido que vai promocionar o uso da lengua española no estranxeiro? Iso nos inclúe a nós???
Ufff que medo.