O portal do Padroado de Turismo das Rías Baixas emite en directo a espectacular loita entre homes e cabalos
Foto J. Cadaveira www.flickr.com/people/12489946@N00/
Os curros da Rapa das Bestas de Sabucedo, que comeza esta tarde, serán retransmitidos por vez primeira a través de internet. Será no portal do Padroado de Turismo das Rías Baixas, que ofrece así unha alternativa aos problemas que se repiten ano tras ano para conseguir un sitio no que ver a espectacular loita entre homes e animais; pois o número de entradas acostuma a ser insuficiente para atender o interese do público.
Está previsto a celebración de tres rapas. A primeira será as 19:30 do sábado, a seguinte ao mediodía do domingo e a última o luns as 12.30.
Recoñecemento internacional
A Rapa de Sabucedo recibiu recentemente o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional e súmase ás outras tres do país que xa o teñen: a Romería Vikinga de Catoira, o Festival de Ortigueira e a Festa do Apostolo de Santiago de Compostela.
¡Que vergoña, meu deus! maltratar a un cabalo, facerlle pasar semellante estrés e humillación e despois meterlle un ferro ardendo, montando de todo elo un espectáculo bochornoso.
Se o estado español ten un espectáculo impresentable chamado tauromaquia, os galegos temos outro, a rapa das bestas.
Estou contigo en q marcalos a ferro quente e medir as forzas entre home e cabalo até domeá-los pode ser un trauma para animais selvaxes.
Pero non compares, aki non hai morte nin sangue... Non hai mafias de criadores nin contratadores de aloitadores.
Coida esa língua meu!
Atalo nervio! Non é para comparar o estrés e humillación que sofre un cabalo o dia da rapa con unha corrida de touros, a diferencia, entre outras, é que o cabalo ao dia seguinte pasta libre polo monte e o touro en contra xace descuartizado.
Por outro lado a tauromaquia, espectáculo deleznable, está subvencionada polo estado, os curros ou rapas de bestas están organizados por comisións de montes maiormente.
Jatopardo, sae da casa e que che dé o aire un pouco!
Na foto semella que os rapados son os dous homes en lugar do cabalo.
E teñen unhas caras de besta...