Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O PPdeG tilda de “traizón” o decreto do galego e teima en que pode ser inconstitucional

Esíxenlle á conselleira unha nova redacción da normativa onde haxa “equilibrio”

Redacción - 18:17 06/07/2007

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, volveu a afirmar este venres que o seus partido se vai opoñer á entrada en vigor do decreto de galeguización do ensino. Segundo Rueda, o texto pode ser “ilegal e inconstitucional” xa que non mantén o “equilibrio” entre o galego e o castelán.

Os conservadores aférranse ao informe desfavorábel do Consello Consultivo e aseguran que o PSdeG e o BNG “traizoaron” o consenso logrado polas tres forzas hai cinco meses. Rueda asegura que se acordara un texto que dicía nun parágrafo “promoverá con carácter xeral o uso do galego” e que posteriormente se cambiou por “utilizará con carácter xeral o galego”.

Dende o PPdeG sinalan que están dispostos a dialogar e a apoiar un decreto sempre que se manteña un “equilibrio real” entre as dúas linguas. “É unha excelente oportunidade que lle brindamos á conselleira para que non sexa recordada como a que rompeu con 20 anos de consenso”, subliñou Rueda.


0/5 (0 votos)


Comentarios (7)

Gaviotero #1 6/Xullo/2007 Gaviotero

Que se lleve al Constitucional y así salimos de dudas. Si es constitucional, adelante con el decreto. Y si no, pues "patrás, patrás"...

Imagino que como los promotores del decreto no dudarán de su constitucionalidad, pues no habrá ningún problema en que se recurra ante dicho Tribunal.

ppSoe #2 6/Xullo/2007 ppSoe

Impresionante a marcha do PP.
Hai uns meses cando loitaban pola sucesión Boinistas e "estudiados" eu pensaba que entre Baltar e Feixoo sería mellor para Galiza o Feixoo. Son un inocente. Baltar é galego. Fódeme dicilo, pero qué queres, ten o perfil de tantos conveciños méus. Está arriba da pirámide, pero é coma os da base, por iso aínda está ahí a pesares da victoria dos "estudiados". Agora véxoo claro. Baltar non dubidaría, como ameazou, en rachar co PP e seguir dirixindo un partido de dereitas puramente galego. Pero Feixoo, non, Feixoo é español, fillo de España para servila, ca axuda de Dios.

ppSoe #3 6/Xullo/2007 ppSoe

Ah e sobre a constitucionalidade dese asunto. O Estatuto de autonomia é constitucional, non sí??, pois ben, no artigo 5.3 pode ler calquera que queira: "os poderes publicos (...) potenciarán o emprego do galego en todolos planos..." ¿por qué?, porque é a lingua desta nación, asoballada por outra en situación de superioridade da que a hai que defender con medidas coma a do decreto famoso ou outra máis efectivas. NON hai equilibrio señores do PP, hai invasión.

NON TEÑADES MEDO, OS VOSOS FILLOS HAN APRENDER O ESPAÑOL, INDA QUE NON QUEIRAN FACELO ¿A QUE SÍ??

petopitopato #4 6/Xullo/2007 petopitopato

De tanto usa-la inconstitucionalidade no seu proveito, acabarán por gastala.

Alédomo moito de que niste asunto estean cada vez máis sos na súa terra e máis perto de génova, como o pp vasco e catalán... e Feijoo dando traspés co alento de Rueda na nuca...

LOIS_DE_SILAN #5 8/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN

Évos ben certo que todo ten límite menos a ignorancia e a malicia! Estou certamente abraiado da capacidade de galegoexterminio que exhibe o PP sen o máis mínimo rubor!

Sería moi conveniente que o PP e os seus simpatizantes se esforzasen unha miguiña en diferenciar entre lingua propia, lingua allea, e lingua ou linguas oficiais; pois, o feito de ser oficial tamén na Galiza o castelán non o converte en lingua propia aquí.

O castelán é lingua propia de "Castela", oficial no seu territorio propio e mais no resto do territorio do Estado; mais, iso non o converte en lingua propia da Galiza. A oficialidade do castelán fóra do seu territorio propio, xunto coa obriga xeral de coñecelo, ten unha finalidade antidiscriminatoria, de evitación da discriminación a que poderían verse sometidos os españois en territorios de España con lingua propia distinta á súa. Funciona como lingua común ou universal no pequeno universo das linguas españolas; mais, iso, insisto, non a converte, non a equipara ás outras linguas españolas nos seus respectivos territorios. O castelán fóra do seu territorio propio é unha lingua de uso EXCEPCIONAL.

Á que lle corresponde un uso NORMAL, XERAL ou habitual é á lingua propia do territorio....como acontece co castelán no seu territorio propio!

Pretender outras interpretacións, equiparacións, igualacións entre o galego e o castelán na Galiza, ou en calquera dos outros territorios de España con lingua propia distinta ó castelán, évos ir en contra da Constitución, évos violar frontalmente o artigo 14 CE, évos ser exterminadores, conscientes ou non, das linguas españolas distintas do castelán! .........Évos ser moi pouco español!!

Con todo, sería conveniente que o Sr. Feijoo levase ós Tribunais o decreto do galego no ensino para que estes tiveran a oportunidade de expresar o seu parecer ó respecto.

Tamén é obvio, daquela, que o discurso do Goberno galego IGUALANDO lingua propia do territorio (galego) con lingua allea (castelán) polo feito de seren ambas oficiais É MANIFESTAMENTE INCONSTITUCIONAL por violación do preceptuado no artigo 14 CE!!(TRATAR IGUAL O QUE É DIFERENTE É DISCRIMINAR); mais, non polo que irresponsábel e maliciosamente afirma o PP.

Así as cousas, é obvio que na Galiza é perfectamente constitucional (outra cousa é a constitucionalidade plena ou non da literalidade da Lei de Normalización Lingüística) IMPOÑER o uso do galego en todas as materias que se queira, sempre e cando quede garantida a competencia referida en castelán. E isto, madia leva, sen prexuízo dos outros obxectivos que en materia de linguas estranxeiras estableza o currículo correspondente, e sen prexuízo de respectar e aplicar os criterios pedagóxico-didácticos máis apropiados segundo a lingua de procedencia, española ou estranxeira, dos discentes.

ppSoe #6 8/Xullo/2007 ppSoe

Grazas pola lección e espero ter oportunidade de aprender máis de vostede Lois

Gaviotero #7 9/Xullo/2007 Gaviotero

Meduda idiotez. El castellano es la lengua oficial de España y por lo tanto es tan propia de Galicia como de cualquier otro territorio hispanohablante. Legalmente, de hecho, es la única que tienen el deber de conocer los gallegos, aunque tengan el derecho a usar tanto el gallego como el castellano.

En la Constitución Española no se dice que el español es la "lengua propia" de España porque no hace falta pero, sobre todo, porque nosotros no tenemos el sentido de apropiación ni la necesidad de símbolos o lenguas de reciente invención que tienen los nacionalistas. Por tanto, claro que el español no se la "lengua propia" de Galicia, sino de toda la comunidad hispanohablante.

Todo el razonamiento de Lois parte de un hecho falso, que esto no es "Castela". En su terminología nacionalista, entiendo que se refiere a España. Pues bien, como sí es España, otra cosa es que él o cualquier otro sienta otra cosa (los sentimientos son individuales y ahí yo no entro), la lengua oficial y tan propia como el gallego en todo el territorio gallego, como parte integrante de España, es el castellano.

Lo de que el uso del castellano fuera de "Castilla" es algo excepcional me parece hilarante. Especialmente en una comunidad como Galicia donde la mayor parte de la población opta por el castellano. Y en el País Vasco ya ni digamos, donde los propios batasunos se expresan normalmente en castellano.

Aunque por otro lado...si el uso del castellano fuera de "Castilla" realmente fuera excepcional, ¿qué problema habría en dejarle elegir a cada uno su idioma en Galicia? Todos o al menos la gran mayoría elegirían el gallego...¿o no?

Para mí como gallego el gallego es una lengua mucho más ajena que el castellano y creo que en esto coincido con la gran mayoría de los gallegos que, por cierto, votamos mayoritariamente al Partido Popular.

Conclusión, seguid con vuestras fantasías.

PD: Mis niños, como buenos gallegos, utilizarán el castellano como lengua vehicular en la enseñanza. A ver si os enteráis todos, empezando por la Consejera naci de Educación, acusada de "tendenciosa e inveraz" por parte del propio Consejo Consultivo gallego (http://www.ccgalicia.com/preci... en relación al decretazo naci.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: