Ademais, 120 persoas resultaron feridas. Entre os mortos hai media ducia de soldados estadounidenses.
A explosión dun camión cargado de explosivos nun mercado na localidade de Toz, ao norte de Bagdad, provocou a morte de polo menos un cento de persoas ademais dun 120 feridos, segundo fontes da Policía citadas por axencias. Entre os mortos hai seis soldados estadounidenses.
Este último atentado tivo lugar na mañá deste sábado nunha zona coñecida como Amarli, a uns 90 quilómetros ao leste de Tikrit, vila de nacemento do ex presidente Saddam Husseim. A deflagración devastou o centro da localidade.