Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO SENADO

Jorquera pídelle ao goberno español que permita que os concellos implanten redes wifi de balde

O BNG coida que estas iniciativas locais poden axudar a superar a fenda dixital que sofre o país.

Redacción - 13:31 09/07/2007
Tags:
O BNG coida que as redes de balde poden axudar a superar a fenda dixital

O BNG coida que as redes de balde poden axudar a superar a fenda dixital

O senador Francisco Jorquera lembra que as tres grandes operadores con presenza no Estado español (Telefónica, Vodafone e Orange) anunciaron que ían emprender accións legais contra os consisitorios que instalen redes inalámbricas de balde.

Dende as filas nacionalistas critican que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) teña apoiado a postura das operadoras. Lembran que a CMT ten abortado intentos de estender redes gratuítas como no caso de Ponteareas.

Na iniciativa, Jorquera lembra que “o prezo, tal e como se desprende dun recente informe da OCU, é un dos factores determinantes para a contratación do servizo de internet e o Estado español é, precisamente, un dos que ten as tarifas de acceso á rede máis caras da Unión Europea”

O Bloque defende que estes sistemas poden ser cruciais para superar a fenda dixital que sofre Galiza: “É paradoxal que mentres a CMT veta estas iniciativas, cidades como San Francisco ou Los Ángeles poñen en marcha servizos de Wifi gratuítos”


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: