Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O pleno aprobará a decisión o día 17

Consenso dos grupos parlamentarios para nomear Valedor do Pobo a Benigno López

O Valedor saínte e as propias formacións amosaran a vontade de que o cargo fose ocupado por unha muller. Malia iso, o nome deste maxistrado foi o que finalmente conseguiu o acordo de PPdeG, BNG e PSdeG.

Redacción - 13:15 10/07/2007

"Sería facilísimo atopala", aseguraba hai pouco tempo o Valedor do Pobo en funcións. Xosé Ramón Vázquez Sandes indicaba que lle gustaría que unha muller fose designada por primeira vez para este cargo, obxectivo que finalmente non será posíbel desta volta. Por outro lado, Sandes reparaba así unhas polémicas declaracións realizadas en 2006 cando na súa comparecencia no Parlamento diante da Comisión non permanente para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres, afirmara que en Galiza "non existe discriminación por razón de sexo". O comentario fora denunciado por diversos colectivos sociais e cualificado de "grave erro" por deputados socialistas e nacionalistas.

Doutra banda, Vázquez Sandes tamén recoñecía o pasado mes de maio que probablemente as formacións políticas non ían ser capaces de chegar a un acordo para o seu relevo até a volta das eleccións municipais. Con todo, insistía en que a longa rifa de PPdeG, PSdeG e BNG arredor do cambio na institución non lle estaría afectando ao traballo da institución.

O maxistrado Benigno López consegue o consenso
A Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia acordou finalmente este martes propoñer como candidato a Valedor do Pobo a Benigno López González. Os voceiros dos tres grupos coincidiron en destacar a traxectoria profesional deste xuíz, salientando que será a persoa axeitada para garantir a "independencia" da institución.


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: