Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Ofértalle colaboración á Junta

Quintana subliña en Estremadura o apoio da Xunta ao galego no Val das Ellas

Un ano despois de que o goberno estremeño cualificase o convite galego á colaboración cultural de "delirio imperialista dos nacionalistas", o vicepresidente da Xunta inaugura na localidade cacereña de San Martiño de Trebello un curso sobre A Fala de Xálima.

Redacción - 17:45 10/07/2007

"Só queremos ofrecer unha man de amigo e a nosa colaboración para un ben tan simbólico e importante como o mantemento dunha lingua como é a fala", explicou Anxo Quintana durante a súa intervención na vila cacereña de San Martiño de Trebello. Aló, e acompañado polo rexedor local, Máximo Gaspar, e por Ana Pérez, alcaldesa do veciño concellos de Valverde do Fresno, e por Antonio Bellanco, alcalde de Ellas, Quintana destacou o vencello de Galiza con estes tres enclaves onde se fala galego.

"Galiza estará sempre interesada en estreitar relacións con todos os pobos e especialmente coa comunidade estremeña coa que“un dos seus sinais de identidade nos une e nos vencella estreitamente", comentou o vicepresidente. Foi así que propuxo avanzar na colaboración entre administracións coa que reforzar "o labor dos propios falantes da lingua", co obxecto de manter vivo "ese patrimonio que diferenza e enriquece a un territorio".

Un ano desde o enfado do goberno Ibarra
"A administración galega nunca tivo nin terá interese imperial", expresou o vicepresidente da Xunta, lembrando o escasamente diplomático comunicado que o goberno estremeño publicaba hai algo máis dun ano, onde se lía entre outras cousas que "a Junta de Extremadura rexeita as fantasiosas premisas sobre as que se asenta o delirio imperialista dos nacionalistas galegos".

O goberno daquela liderado por Juan Carlos Rodríguez Ibarra respondía en abril de 2006 á petición do BNG no Parlamento galego, onde por aqueles días propoñía instar ao Goberno a que as axudas ao uso da lingua no exterior incluísen o Val das Ellas. "Sería absurdo que mentres Galiza e este val se identifican, as súas institucións se sintan distantes ou enfrontadas", sinalou Quintana este martes.

Fernández Vara asegura que non haberá confrontación sobre o Val das Ellas
Na mesma xornada, o vicepresidente da Xunta tivo tamén unha reunión co actual presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Férnandez Vara. O relevo de Ibarra á fronte do goberno estremeño afirmou que o Val das Ellas "temos que convertelo nun motivo de aproximación e cercanía". Ao fío, falou da "dimensión económica" que na súa opinión ten para Estermadura o feito de deixar "as portas abertas a Galiza", destacando o grande interese que existe no seu goberno pola "colaboración económica e política" co noso país. "As linguas non son limitantes. A fala será o que queiran os habitantes do Xálima, e nós comprometémonos a axudar a preservala e mantela", dixo Fernández Vara.

Aproveitando a súa viaxe a Estremadura, Anxo Quintana comentou ademais que iniciativas como a desta visita "non deberan entenderse como un asedio imperialista" senón como "unha oferta de colaboración coas administracións e a sociedade civil de aqueles territorios nos que se fala o galego ou algunha variante". "Trátase unicamente dunha proposta de traballo en rede, para adecuarse á realidade e á complexidade da sociedade actual nun terreo especialmente propicio, pois as linguas non respectan fronteiras ou límites territoriais e administrativos existentes", indicou.

Por outra parte, o vicepresidente chamou a deixarlle aos lingüistas "o papel de determinar a orixe desta lingua" e mentres a mirar porque "ambos pobos e institucións traballen conxuntamente en todo o que sexa preciso para acadar a súa conservación". "Como galego síntome identificado coa Fala, con independencia da súa orixe", destacou.


4,79/5 (19 votos)


Comentarios (17)

dianhodecan #1 10/Xullo/2007 dianhodecan

Mais uma precisão, digao que diga Ibarra: É GALEGO

eugalego #2 10/Xullo/2007 eugalego

Galegofonia.

semprecelta #3 10/Xullo/2007 semprecelta

Sabe Ibarra de todo isto?

haiqueroelo #4 10/Xullo/2007 haiqueroelo

a Ibarra xa o reciclarán un dia destes, como a Bono

ppSoe #5 10/Xullo/2007 ppSoe

Houbo que agardar a que marchara o españolista de Ibarra pra baixar aló. Ou a que lle dera o jamacuco??

Gaviotero #6 10/Xullo/2007 Gaviotero

Es portugués castellanizado, o sea, gallego, como es lógico al tratarse de una zona fronteriza.

ppSoe #7 10/Xullo/2007 ppSoe

Falo sen saber da orixe da lingua desas terras, coma moitos, pero a porta ó reino de Gallaecia para os musulmáns era Cohimbra, última cidade cristiá segundo a historiografía Andalusí e tamén as crónicas de Carlomagno (que non era de por aquí e carecía de sesgos), en ámbalas fontes cidade galega. É curioso que ámbalas comarcas estén tan próximas.


Se fose de chiste a xente riría
Se fose de pena a xente choraria
Se fose de medo a xente asustaríase
Se fose de forza a xente cabrearíase.
¿cómo están os españois?

O_Castrexo #8 11/Xullo/2007 O_Castrexo

"Por outra parte, o vicepresidente chamou a deixarlle aos lingüistas "o papel de determinar a orixe desta lingua"

Ai que graciña me fai! Eses dialectos, e por máis que o repetimos os que estudamos filoloxía parece que non se da asimilado, son dialectos que forman parte do sistema lingüístico galego-portugués! Claro que son de orixe galega! hahaha pero é que todo Portugal é de orixe galega! O idioma naceu no norte da Península e se espallou cara o sur coa Reconquista (o galego e todos os demais)

Sistema lingüístico galego-portugués = lingua galego-portuguesa

E tres normas ortográficas para o sistema: o galego, o portugués e o brasileiro...

Estándar non é igual a lingua! e catro dialectos illados sen pertenceren a un sistema lingüístico tampouco!

O_Castrexo #9 11/Xullo/2007 O_Castrexo

Por certo... agora que Galicia medra económicamente a fume de carozo é cando a estes lles interesa estreitar relacións connosco, non?

LOIS_DE_SILAN #10 11/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN

Os dereitos dos membros da Comunidade Lingüística Galega (CLG) sonvos os mesmos tanto para os do "exterior" coma para os do "interior" (art. 14 CE).
Xa a CE impuxo ós poderes estatuíntes a obriga de declararen a oficialidade das "outras linguas españolas" nos respectivos territorios propios....outra cousa é que eses estatuíntes segan a violar o mandado do constituínte!

En materia de dereitos lingüísticos é "normal" a violación do ordenamento (empezando polo TC!), síntoma, por outra banda, característico das discriminacións.

Os galegousuarios de alén téñenvos dereito a usaren normalmente e sen discriminación a súa lingua española propia do territorio coma os de aquén. E uns e outros a usarmos o galego no seu territorio propio como poden usar o castelán os membros da Comunidade Lingüística Castelá no seu: NIN MÁIS NIN MENOS!

Por outra banda, non se debera esquecer o papel que desempeña a oficialidade do castelán fóra do seu territorio propio e a obriga xeral de coñecelo por parte de todos os españois (que teñan aptitudes para aprendelo!): o castelán (amais do seu papel de lingua habitual no seu territorio propio) funciona no pequecho universo das linguas españolas como interlingua, como lingua común ou universal, como lingua antidiscriminatoria. É a lingua que podemos usar os españois como lingua ponte cando saímos dentro de España a territorios onde a súa lingua propia é distinta á do noso territorio lingüístico.

Daquela, constitucionalmente, o dominio do castelán en territorios españois nos que é lingua allea debe ser o suficiente como para cumprir esa función ponte; mais, en absoluto ten que ser igual, análogo ou semellante ó dominio esixíbel da lingua propia do territorio. Os artigos 3.3 e 14 CE esixen un dominio análogo ou equiparábel respecto de cada lingua territorial por parte da respectiva comunidade lingüística. Dito doutro xeito, a Constitución esixe que os galegos coñezamos e usemos na Galiza o galego como coñecen e usan en "Castela" o castelán os castelaos....NIN MÁIS NIN MENOS!

Por outra banda, se o territorio propio do galego está baixo a potestade de distintos poderes públicos, o normal e desexábel é que cooperen e colaboren sen disharmonías na defensa dos intereses xerais da Comunidade Lingüística Galega.

mau #11 11/Xullo/2007 mau

#6 "Es portugués castellanizado, o sea, gallego, como es lógico al tratarse de una zona fronteriza."

Concordo contigo gaviotero!!! Por primeira vez na vida!!! que alegria!!! O que não concordo tanto é com a segunda parte da tua asevereção, sim e não, o galego do Eu-Návia, ou da Seabra, não são fronteirizas entre Espanha e Portugal, a não ser que utilizes esse conceito para Galiza enteira.

O_Castrexo #12 11/Xullo/2007 O_Castrexo

E o inglés moderno é anglo-saxón afrancesado... mira ti...

zus #13 12/Xullo/2007 zus

Gaviotero chatiño... non tes outra cousa mellor q facer??
colle un libriño e infórmate e aprende ,e se non che gusta ,xa sabes onde está a fronteira q coma ti xa hai moitos x desgraza,e q inda x riba veñas aqui a tocar os melindres .
ala pola sombra .

Gaviotero #14 12/Xullo/2007 Gaviotero

Leo con divertimento vuestras referencias a Castilla, que imagino que según vosotros es la fantasía de una España sin las comunidades que tienen nacionalismos (¿se incluyen Canarias o Aragón entre ellas? ¿Y Asturias?)

No hace falta darle tantas vueltas, Lois, en España (o sea, también en Galicia) hay una única lengua oficial que abarca a toda la Nación (porque también hay una sola nación, ¿sabes?) y que todos los españoles, incluidos los gallegos como españoles que son, tienen el deber de conocer.

Además, en las comunidades con lengua "propia" (esto es, exclusiva del territorio, que no única), dichas lenguas son cooficiales con el español, aunque esas lenguas no tengan el deber de conocerlas los residentes en las correspondientes comunidades.

Esto es lo que dice la ley. Todo lo demás, fantasías que no se sustentan en ningún sitio salvo en vuestra imaginación.

Zus, me alegro de que me invites a irme a la frontera en vez de sugerir que se me gasee. Pero antes de irme yo a la frontera te vas a ir a tú, majo. Pero tú a la portuguesa, a ver si ahí alguien te hace caso en lo de la nación gallega y tal...¡jajaja!

ppSoe #15 12/Xullo/2007 ppSoe

Os galegos tivemos que asimilar na nosa formación língua e historia impostas dende Madrid. Ata aquí nada novo. Vexamos qué pasou cos galegos:
- Os comodos. Deixados levar por unha das subliminalidades desa formación, a inapetencia política, quedaron cunha idea grabada na súa mente Huxleyniana, "se quero ser feliz teño que tomar o que esta sociedade me da e non opinar".
- Os reactivos. Son os que a formación recibida chegoulles a pouco. Sentoulles pois eso, coma auga para a semente. Tomaron a doctrina e tamén a grabaron na mente, pero xa non cunha idea, senón cunha ideoloxía: "España é o mellor, España é o mellor, franceses gabachos, galegos paletos, eu non quero ser paleto, eu quero ser guay, quero ser español, morra Galiza".
- Os revolucionarios. Considerámonos víctimas desa formación. Absorvémola nos anos de falla de conciencia, analizámola ca conciencia e co sentimento, abrimos os ollos e entón progresamos como persoas incluso procurando nova formación. Novos puntos de vista que nos sacasen do rego no que nos plantaran os españolistas herdeiros do sistema educativo franquista. Aprendemos que hai outra forma de ver a realidade a parte da que nos queren meter polos ollos, que nós mesmos podemos analizar o mundo sen asumir as análises doutros, e que as leis, amigo Gaviotero, as fan os que teñen o poder ó seu gusto e conveniencia. Qué máis ten que o 80% da poboación á morte de Franco non falese en castelán, que non o falen se non queren entre eles, pero cando queiran algo xa o falarán, igual que o falarán os seus fillos nas escolas.

O nacionalismo máis forte, máis arraigado e que máis vidas custou é o castelán.
O tema do uso da lingua Lois paréceme que tén moita máis autoridade ca min pra rebatir calquer improperio.
O tema da nación... como di Zus, estudia.
O tema de Zus. Zus, hai un tempo lin o que escribiches da túa experiencia cos hispañolistas na librería na que traballabas, caloume fondo o teu texto polo sentimento que lle puxeches, pola dureza dos feitos e porque todos pasamos por algo parecido (no meu caso nunca con tanta agresividade), mándoche un abrazo e pídoche que sigas quitándolle a razón a todos estes que a conseguiron pola gracia de Deus, polo amor da patria española e pola forza da Garda Civil.

eugalego #16 13/Xullo/2007 eugalego

Gaviotero, pim pam pum

zus #17 13/Agosto/2007 zus

gracias ppsoe!! todo o q puxen ali e a pura realidade por desgraza é o q me tocou vivir con 19 anos q tiña,pero valeume para abrir os ollos q tanto tempo pechei...gracias!! :-)
o javiotero non hai por onde collelo...;-p

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o presidente de Estremadura, Guillermo Fernández Vara
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o presidente de Estremadura, Guillermo Fernández Vara
Anxo Quintana en San Martiño de Trebello
Anxo Quintana en San Martiño de Trebello