Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O galego exterior

A nosa lingua está ben viva en Estremadura

A lingua chega ben máis alá das nosas fronteira. No Val do río Ellas, no noroeste de Cáceres, fálanse tres variedades: mañego en San Martín de Trebello, o valverdeiro en Valverde do Fresno e o lagarteiro nas Ellas. Aquí podemos escoitar un exemplo:

Redacción - 12:37 11/07/2007



No Val pode haber uns 5.000 falantes, ademais doutros 3.000 que viven fóra. Téñeno como lingua habitual, e non hai perda de transmisión xeracional, aínda que Valverde é o concello máis castelanizado: dende o 60 aumentaron os castelanismos da lingua falada, grazas á escola, ao servizo militar e aos medios de comunicación.

Xa varios filólogos, como Leite de Vasconcelos ou Lindley Cintra, teñen investigado sobre a proximidade co portugués destes dialectos. Clarinda de Azevedo abórdao dende a posibilidade de que a fala proceda do galego-portugués arcaico, e polo tanto sexa máis próxima ao galego actual ca ao portugués. José Luis Martín Galindo fala dunha posíbel repoboación galega,eHenrique Costas sitúaa entre os séculos XII e XIII: a interferencia de leonesismos e a existencia de palabras galegas na Serra de Gata e no suroeste de Salamanca podería indicar que a extensión da fala na Idade Media foi maior.

Graos de normalización lingüística

Aquí soubemos dela no 91, cando Antón Reixa entrevistara no programa Sitio Distinto a un camioneiro de Valverde que espertou o interese de Francisco Fernández Rei, quen llo comenta a Xosé Henrique Costas González. Mesmo existe un acervo literario nesta variedade: un conto en mañego, Cuadro de Costumbres foi publicado por José López Vidal na Revista de Extremadura no 1910. Isabel López Lajas escribiu sainetes en valverdeiro nos anos 30 e 50, e Domingo Frades, mañego e membro da Real Academia Galega, é autor de Versos de un verán (1977), As Ellas y o sei castelu (1980), Algu sobre a nossa fala 1 e 2 (1975) e Vamus a falal (1994). Severino López das Ellas publicou o primeiro libro en lagarteiro en 1994: Topónimus d'As Ellas y rimas en Lagarteiru, e o seu irmán Ambrosio escribiu poesía inédita, incluíndo o himno oficial das Ellas.

Ademais, algunha emisora ten emitido programas en valverdeiro, e publícanse a revista A Nosa Fala ou o trimestral Anduriña, en lagarteiro. Edítano Fala i Cultura e Amigus d'As Ellas i du sei castelu. A Asociación Fala i Cultura do Val do Ríu Ellas constituíuse no 91, e celebra todos os anos o Día da Fala. Tamén ese 3 de agosto os alcaldes dos tres concellos subscribiron un documento coñecido como o Manifesto dos alcaldes, en que se demandaba ás autoridades provinciais e autonómicas a adopcións de medidas para a conservación da fala. Os carteis e programas das festas, e mesmo as obras de teatro infantil, fanse na fala, e impártense cursos para funcionarios locais da variedade de cada concello.


5/5 (6 votos)

Comentarios (8)

LOIS_DE_SILAN #1 11/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galego exterior vs. galego interior....isto lémbrame o do DESCUBRIMENTO!!! de América...E logo!, quen está no interior e quen no exterior? Estarei eu no interior ou no exterior? Que será máis importante, estar no interior ou no exterior?...MMMMMMMMM, seremos capaces de afastar o eucentrismo? Seremos capaces de amar, de recoñecer ó outro como algo verdadeiramente valioso, de imaxinarnos na súa posición?

Gaviotero #2 12/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como si lo de Extremadura fuera gallego...¡jajaja!

piorno #3 12/Xullo/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O português falado na Estremadura espanhola, nom apenas nesse vale, como também noutras comarcas, como Olivença, é tam galego como o falado em Montalegre ou Viana do Castelo.

Já estudado no seu dia por Leite de Vasconcelos, nom é preciso inventarmos sem qualquer prova supostas repovoações na Idade Média para justificar as actuais falas, bastante espanholizadas e portanto parecidas com certo galego urbano ou da TVG.

Porque se reclama a galeguidade das falas portuguesas estremenhas enquanto se nega a das de Portugal? Chama bem a atençom.

piorno #4 12/Xullo/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fariam bem as autoridades galegas em se procuparem do desaparecimento do galego-português na Galiza, incluída a sua Faixa Oriental, e nom esbanjarem recursos e esforços para a defesa da língua a 400 km do nosso país. Essa, em todo o caso, seria missom para um Estado como Portugal.

O_Castrexo #5 13/Xullo/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo co Piorno.

Para min é máis importante que se fale galego na Coruña, Vigo ou Ferrol. Non me importa o que se fale en Estremadura. Eles saberán o que fan coa súa lingua...
Que fomenten o uso do galego nesas tres cidades e que se deixen de viaxar por aí adiante.

O Gaviotero precisa un curso acelerado de lingüística urxente. Eu sufro de vergoña allea cada vez que se mete o pobre home en temas de lingüística...

Erasmo #6 14/Xullo/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como sigamos facendo ENTOMOLOXÍA LINGÜÍSTICA imos atopar certas raigames galegas entre os Yanomami... de seguro que algún galego pasou por aquelas terras e deixou algún descendente que aínda hoxe cando se manca berra: 'carallo'!!!

A Dirección Xeral de Política Lingüística debera PROTESTAR pola chegada da escola e os medios de comunicación a estas terras pois foron as responsables da 'contaminación con castelanismos' dunha lingua 'tan galega como o galego'!

Haberá que sofrir en silencio estas magníficas obras de restauración levadas a cabo polo ínclito Bieto Lobeira mentres en Galicia tiramos de Decreto de Normalización e todos contentos...!

¿Cando son as vindeiras eleccións?

Gaviotero #7 14/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Badajoz es que no se habla otra cosa que gallego...que le pregunten al Vicesinvergüenza de la Xunta, al tal Quintana, que os lo dirá...

teixugo #8 11/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ninhada de RATOS!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: