Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 20 de xullo, no Multiúsos do Sar

Actuará Fermín Muguruza, pero fóra da programación do Apóstolo

A concellaría de festas compostelá retira do programa das festas patronais o festival Linguas Vivas, organizado pola produtora privada Kamikaze. Aquí podemos ver o vídeo da canción Urrun:

Redacción - 20:03 12/07/2007



Logo de pediren o grupo municipal popular e a Asociación de Vítimas do Terrorismo a cancelación do concerto, por consideraren que as cancións de Muguruza fan "apoloxía do terrorismo", a Concellaría de Festas deu orde de retirar dos folletos oficiais do programa de festas o festival Linguas Vivas. De feito, o Concello non tiña que ver na programación deste evento, promovido por unha produtora independente que contratou o alugueiro do pavillón. O ano pasado, a primeira edición do festival fixérase na Sala Capitol.

Este evento xunta a músicos da Península e de fóra co fin de darlles presenza ás expresións artísticas e musicais das diferentes linguas: este ano, xunto con Muguruza, actúan a italiana Banda Bassotti, Nao, Boom Club e o DJ Capita.

O xerente do Multiúsos afirmou que lle "sorprende" a petición do grupo popular. Tanto a Concellaría de Festas como a xerencia do Multiúsos sinalaron que Fermín Muguruza condena o uso da violencia, non ten cargos pendentes nin as letras das súas cancións fan apoloxía do terrorismo.


3.5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: