Fomento di que se recolleron xa dez toneladas de fuel vertido. As barreiras anticontaminación aínda non chegaron.
A última hora deste xoves, a mancha de combustíbel causada polo buque Don Pedro tiña arredor de catro quilómetros de longo. Durante o día, o fuel chegou xa a varios puntos da costa.
Mentres, buzos de Salvamento Marítimo traballaron para selar as fugas detectadas nos depósitos da embarcación, que acumulan sobre 150 toneladas de fuel e 50 toneladas de gasóleo. Segundo Fomento, este xoves selouse a terceira das fendas advertidas, aínda que se tería descuberto outro tubo rachado por onde tamén sae unha pequena cantidade de fuel. A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, asegurou que este venres quedaría pechado ese último escape.
Os areais de Talamanca, Figueretes e Platja d'en Bossa foron cerrados pola chegada do fuel, e de momento, a contaminación aínda non alcanzou o parque natural próximo. Desde Fomento indican que vinte persoas participan no dispositivo de limpeza das praias, cifra que aumentará a 50 este venres. Aseguran ademais que non hai necesidade de voluntarios.
Máis en Vilaweb e no Diario de Ibiza.
Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas
Edición xeral
"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados e dos non illados, e tamén o noso"
Edición xeral
En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca
Canal Verde