Mariano Rajoy cualificou de "caduca" a lexislación electoral actual e Alberte Núñez Feijoo laiouse do que definiu como "sometemento a forzas minoritarias".
Insistiu este venres o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, nunha teima que xa destacou en público nas últimas semanas: a reforma da lei electoral. Co voto da dereita concentrado na maior parte do Estado case en exclusiva no PP e diante da maior fragmentación do voto da esquerda, a estratexia do PP para gañar cota de poder pasa agora por impulsar reformas que eviten a posibilidade de pactos poselectorais.
Nese sentido, non foi casual a escolla do acto deste venres en Madrid, no Fórum Nueva Economía, onde Rajoy presentaba unha conferencia do presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo. Así, o líder do PP salientou que o seu partido "gañou con claridade" en Galiza "con máis de dez puntos sobre o segundo e vinte sobre o terceiro", e queixouse de que a perda da maioría absoluta o botase fóra do poder.
Lei electoral "curiosa"
"A existencia dunha lei electoral que está caduca, pasada de moda e que vén a interpretar de forma curiosa o sistema democrático, deu lugar a que en moitas zonas onde o PP é a primeira forza e máis aínda cunha abismal diferenza sobre o resto, estea pola contra na oposición", laiouse Mariano Rajoy.
En relación ao goberno galego, Rajoy referiuse ao presunto "descaro" co que na súa opinión "gobernan algúns que quedaron a distancia sideral do primeiro". Ao tempo, presentou o líder do PPdeG coma "un loitador que non lle ten medo aos cambios". "A Galiza cómprenlle presidentes así, que demostrasen ser bos xestores, persoas que non enreden en debates identitarios", comentou Rajoy sobre o voceiro dos populares galegos.
Feijoo di que o voto "a cada paso vale menos"
"O que antes se solucionaba nas urnas agora tense que resolver nos despachos", afirmou Alberte Núñez Feijoo. Segundo reflexionou, os pactos políticos en Galiza serían exemplo de mensaxes "moi perigosas" aos cidadáns, que na súa opinión transmiten que "a cada paso o voto vale menos".
Afondando na proposta realizada anteriormente por Mariano Rajoy, Núñez Feijoo pediu que os alcaldes se escollan directamente, e propuxo sistemas como o da dobre volta, ou a asignación da representación ao candidato máis votado nun área determinada. Feijoo dixo considerar prioritaria a reforma para os comicios locais e autonómicos e propuxo pasar despois á reforma do sistema para as eleccións xerais, estremo sobre o que recoñeceu que requiriría de modificacións constitucionais.
Ao respecto, Feijoo convidou ao PSOE a apoiar a curto prazo unha reforma neste sentido, indicando que aínda que a este partido lle perxudicaría a curto prazo, "interesaríalles a medio e longo prazo".
Pois nom vai ser de esse modo. Estes fascistas nom sabem perder, como bem demostrarom no 14-M e agora.
A foderse na oposiçom.
Primeiro cos cantos de serea ao BNG. Como non lles saiu a mudar a reglas de xogo. Estes do PP son así. Cínicos sofistas sen escrupulos, en fin...logo pretenden dar lección de moralidade e rectitude.
Repito, apoiemos a Socrates fronte aos sofistas tramposos.
E neste país...quen é o Sócrates?? O novo presidente da Comissão Europeia aqui não tem mais poder ou relevância do que a Merkel teve...Se aparecer um Sócrates na Galiza, até o acompanhava numa de cicuta!
Bué... o que hai que ler. Hahahaha. Estes golpistas non saben gobernar sen dictaduras!
A xente vota polo entendemento, o pacto e a cooperación!
Xa están a vender seguridade neste mundo no que se non é con eles ó mando non se vai a ningún lado. Cambiemos a lei para que as minorías deixen de incordiar e poidan entrar os do ppSoe nesa alternancia de poder españolista que tanto añoran.
O que hai que cambiar nesto das eleccións é o do tema da emigración, non só hai que remexer no que a un lle interesa.
Pero xa se sabe Dereita=oligarquía=centralismo=opresión
Se por minoritarios se refiren a dous partidos que sacaron un 29 e un 19% dos votos, non sei de que fala este tipo. Parece ser que o PP sacando un 39% dos votos, que por arte de maxia lle da un 46% dos concellais, ten motivos de queixa con este sistema electoral. Eu tamén me queixo que un partido coma o PP teña levado un 8% máis de representantes do que lle correspondía.
A ESQUERDA UNIDA DE GALIZA, quere en principio un cambio na lei eleitoral no mínimo do 3%en vez do 5 %, coma no pais vasco e catalunya.
As forzas democráticas PSOE-BNG , teñen a última palabra..
saúde, paz e república
"Moi bueno lo tuyo, capullo". É máis, eu diría que cada voto do PP valga por tres dos outros. Así, garantimos que haxa gobernos serios e fortes no noso país. Ah, pero teriamos un problema. Que en catro días xa non teriamos país. Anda e que vos den.
Jejeje...sí que os ibais a joder los nacionalistas con una ley así. Pasariais a la historia como es normal en cualquier otro país en los que cuatro desgraciados no tienen por qué cambiar el destino de una gran nación como la española.
Enhorabuena Rajoy, ya tienes ganado mi voto para echar a la escoria nacionalista y antiespañola.
Menos mal que estes fachas na Galiza teñen ben pouco futuro. Sen poder político desinflanse e malviven dos ecos de Madrid.