Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas do BNG á rexedora do PPdeG

Acusan a alcaldesa de Betanzos de atrasar a posta en marcha dunha galescola e un centro de día

María Faraldo xa fora protagonista da circular enviada a alcaldes do PPdeG onde propoñía "a dilación" da sinatura dos convenios antiincendios.

Redacción - 11:40 15/07/2007

"Pretende atrasar todo o posíbel a execución destes dous proxectos impulsados polo BNG e seguir na liña de confrontamento co goberno galego que empezou na súa etapa de oposición", censuran desde a dirección do BNG en Betanzos.

A denuncia chega despois das declaracións da alcaldesa do PPdeG, María Faraldo, que esta semana se reuniu co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para falar destes e outros investimentos posíbeis na cidade. Ao respecto do ambulatorio, Faraldo puxera en dúbida xa cando estaba na oposición a instalación do centro de día no edificio do antigo ambulatorio, tal e como prometeran os nacionalistas. Logo de ser cedido o edificio, pasou a reivindicar que este non tiña espazo abondo. Agora, cando o Goberno está disposto a construílo, propón trasladalo a outra localización. No que lle toca á galescola, o Bloque repróchalle á rexedora a demora e a posíbel renuncia a expropiar os predios fixados para a súa construción.

Na memoria, os atrancos ás brigadas contra o lume
A agora alcaldesa xa estivera en primeiro plano hai un ano na súa calidade de integrante da dirección do PPdeG coruñés, cando se filtrou aos medios de comunicación a carta enviada a alcaldes do seu partido na provincia ao respecto dos convenios para a contratación de brigadas de incendios.

"Non parece que estas diferencias teñan a suficiente entidade para xustificar unha decisión xeral dos Concellos do PP de non asinar os Convenios, sobre todo pensando en que, se houbera, como o ano pasado, moitos lumes, a Xunta intentaría responsabilizar ao PP ante a opinión pública por esta decisión. Polo tanto, proponse a seguinte estratexia, baseada na dilación pero non na negativa", recollía a polémica "Proposta de Actuación". O documento fora froito da crítica tamén no interior do PPdeG, especialmente no contorno da provincia da Coruña, onde diversos sectores non verían con bos ollos o protagonismo de Faraldo no partido.


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (7)

Gaviotero #1 15/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sugiero a la alcaldesa de Betanzos que directamente se niegue a abrir una granja naci de esas.

Colazo #2 16/Xullo/2007 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chamándolle granxa á galescola está claro quen é o nazi

Tino #3 16/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está claro quen son os ppirómanos, nazis, ladróns, acosadores sexuais e laborais, narcotraficantes, amigos do tráfico de influencias, ladróns puros e duros (40.000 Euros roubados en Ourense a semana pasada), cazadores de subvencions (caso do liño e outros), especuladores, asasinos de inocentes en paises estranxeiros. Non son os de PP verdade Gaviotero (carroña dou, carroña espero).

Gaviotero #4 16/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, Tino, majete...los 30.000 euros desaparecieron estando ya en el gobierno el bipartito.

Por lo demás, estoy encantado de que me llames pirómano, nazi, ladrón, acosador sexual y laboral, narcotraficante, amigo del tráfico de influencias, ladrón puro y duro, cazador de subvenciones, especulador, asesino de inocentes en países extranjeros.

Pero debo aclararte que yo, aunque lo pienses, no soy del BNG ni pertenezco a tu familia, luego no soy todo eso que dices.

En todo caso, viniendo de gentuza como tú acepto todo encantado.

Por lo demás, Colazo, a nazi estoy seguro que tú no me ganas. Y sí, creo como muchos gallegos que las galescolas, como las ikastolas, son granjas nacis puras y duras.

mau #5 16/Xullo/2007 mau
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, como te passas... vai chegar um momento que não possas controlá-lo... temo pela tua saúde... agora que comprovei que não falavas em broma mas a sério... tens uma incontinência de caca, pedo, culo, pis que não há quem te sustenha... bota-lhe imaginação pelo menos, esforça-te... as discussões contigo parecem de pátio de liceu... ainda que seja por elegância...

Este foi o teu ponto de inflexão:
http://www.vieiros.com/nova/59...
Apartir de aqui, não sei onde vais chegar...

IgnacioMargall #6 17/Xullo/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, imagino lo rabioso que hay que estar para hablar en esos terminos. Taliban, taliban. Cuidate esa ulcera que ya no estas para muchos trotes. Te enviare una caja de kleenex por tu cumple para lo de la espuma blanca que te sale por la boca. Un consejo, deja de escuchar a Jimenez Losantos que es peor. Tu medico.

Tino #7 18/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este personaxe anodino autochamado Gaviotero, e q eu bauticei como "carroña dou, carroña espero" ten todas as trazas de padecer unha doenza mental irreversível na q aprofunda autoflaxelándose entrando en xornais como este.
Sr Gaviotero, simplemente, se tanto lle alporiza ler este xornal e no que nel se edita non entre, non o lea e asi estará mais calmado. Deixe a miña familia en paz q eu non me metin coa sua, nin co seu partido nin coa cona q o botou!
Por certo existen sentencias firmes de todos os delitos mencionados no meu comentario anterior, e todos son do partido PPirómano!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: