Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O vertido sen control aínda

O fuel chega en Eivissa ao Parque Natural Ses Salines

Pouco despois de que Fomento asegurase que a situación estaba controlada, confírmase que a contaminación pasou as barreiras e entrou na zona protexida.

Redacción - 14:17 15/07/2007

"A maior prioridade é que o fuel non chegue ao parque", subliñara hai poucas horas a directora da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo, Sasemar. Con todo, finalmente non se puido evitar ese estremo e o fuel pasou xa as barreiras de contención instaladas.

A última hora do sábado seláronse dúas novas fendas no buque Don Pedro e polo momento non hai data para o comezo do selado do casco e para a extracción do combustíbel que aínda queda no barco. Na mañá do domingo, a mancha de fuel que avanzaba diante do Parque Ses Salines tiña xa arredor de 50 metros de longo e 20 de largo.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

ppSoe #1 15/Xullo/2007 ppSoe

Ollo que esas barreiras son as mesmas que teñen preparadas para se usar en Galiza se volve haber problemas. E eiquí, cando hai problemas a paisaxe parécese moi pouco á que se atopa no mediterraneo nas praiñas baleares.

Se as medidas antichapapote se demostra que non valen, haberá que cambialas por medidas anti chapapoteiros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: