Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os tres grupos xa acordaran creala na negociación estatutaria

Para cando a Axencia Tributaria galega?

Desde PPdeG e PSdeG opinan que sería posíbel creala mesmo sen reformar o Estatuto, aínda que non a consideran prioritaria. O BNG sostén que Galiza "queda atrás" se non avanza no mesmo camiño que Cataluña.

Europa Press / Redacción - 09:00 16/07/2007

"É posíbel e entra dentro das competencias propias da comunidade autónoma, sempre e cando non pretenda xestionar os tributos que correspondan ao Estado", explicou para Europa Press o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo sobre a posibilidade de que Galiza teña un organismo propio para recadar impostos.

Núñez Feijoo considera que a Axencia Tributaria de Galiza "non é imprescindíbel" e fala da súa creación como dunha "decisión de segundo nivel que forma parte da estrutura organizativa dun goberno". Na súa opinión "non é razoábel impulsar o órgano se non se incrementan os tributos xestionados por Galiza". E porén, chamou a reflexionar sobre a necesidade de seguir a liña de transferencia de impostos desde o goberno español. "Ninguén pode xestionar o que non lle pertence", comentou Feijoo, para quen a xestión de tributos do Estado é "algo que excede as competencias da comunidade", razón pola cal critica o modelo aprobado por Cataluña.

PSdeG: "Non hai nada que o impida pero..."
"Forma parte da potestade de auto organización da comunidade", explica o deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga, asegurando que nada impide a súa creación. Así e todo, Leiceaga afirma que a existencia dunha axencia tributaria propia "non dá máis capacidades" necesariamente polo que non cre que Galiza quede atrás.

"Galiza ten uns servizos de recadación que funcionan ben, pero poderían organizarse doutro xeito", explicoulle a Europa Press. Na súa opinión, a creación deste órgano é unha "cuestión de oportunidade" que non entraría nas prioridades nun momento no que "o urxente é cumprir os acordos de goberno". Leiceaga recordou tamén que na negociación dos tres grupos parlamentarios para a reforma estatutaria acordárase xa a creación dun organismo deste tipo.

BNG: "Galiza queda atrás"
"A creación da axencia tributaria catalá demostra que Galiza queda atrás por non reformar o Estatuto de Autonomía, fronte aos que dicían que non se perdía ningún tren", laiouse ao respecto Carlso Aymerich, voceiro parlamentario do BNG.

Aymerich sinala que é posíbel conseguir unha axencia tributaria propia mesmo co actual Estatuto, aínda que repara en que "non podería facerse de forma unilateral", como si podería lograrse se o órgano estivese recollido no texto estatutario. Ao fío, lembra o voceiro nacionalista que o acordo definido no seu momento sobre este tema entre os tres grupos "non era completo", revelando que "a PP e a PSOE non les chistaba moito a idea" e destacando que o BNG propoñía "un modelo ambicioso", cunha axencia que colaborase coa estatal.

A creación dunha Axencia Tributaria foi aprobada en Cataluña por PSC, ERC, ICV e CiU
Tal é como o estabeleceu o Estatut catalán, a Axencia Tributaria de Cataluña terá a responsabilidade da "xestión, recadación, liquidación e inspección de todos os tributos propios da Generalitat, así coma, a través de delegación do Estado, dos tributos estatais cedidos na súa totalidade á Generalitat". O proxecto foi precisamente unha das escusas utilizadas polo Partido Popular e polo Defensor del Pueblo para presentar recurso contra o Estatut diante do Tribunal Constitucional.


Até o último momento, as formacións que apoian o tripartito mantiveran aberta a negociación con CiU, que presentara diversas emendas ao proxecto de lei e en principio non estaba disposta a votar en favor do proxecto se non se producía diálogo ao respecto. A nova Axencia artellará o consorcio tributario pendente de estabelecerse entre o Estado español e o goberno catalán

Durante o proceso de debate sobre este proxecto de lei, algúns dos expertos que compareceron no propio Parlamento catalán propuxeron mecanismos que garantisen a plena independencia desta Axencia. Advertiron ao respecto, que por si soa non sería garantía dun control máis estreito sobre a fraude nin dunha mellora dos trámites para os contribuíntes. Xa que logo, unha das propostas na mesa en favor da independencia do ente é a da propia elección do presidente do organismo, que sería por cinco anos e por maioría cualificada no Parlament.


3,5/5 (4 votos)


Comentarios (10)

figologo #1 16/Xullo/2007 figologo

para cando? que lle pregunten a Feijénova

Gaviotero #2 16/Xullo/2007 Gaviotero

Viendo como dilapidan los dineros los del bipartito para que luego se les quemen los montes por falta de eficiencia, casi prefiero que no haya nunca una Agencia Tributaria gallega, la verdad...

¡¡¡Devolución de competencias autonómicas al Estado YA!!!

mau #3 16/Xullo/2007 mau

És onipresente, nesta casa... Gaviotero, vou-che pedir casamento. Mas tu onde é que vives? Em Madrid? Múrcia? Porque só assim se pode explicar que um galego diga tal barbaridade... Informa-te um bocado, caramba!

É muito interessante este projecto na medida que possibilita uma maior fiscalização dos impostos, sempre que houver seguimento parlamentar, do conselho de contas, etc. É imprescindível para melhorar a eficiência gestora
de tributos. Também acho que haveria que procurar nos concelhos o enlace com o cidadão, embora a gestão seja da Xunta.

alexinho #4 16/Xullo/2007 alexinho

Gaviotero semelha que é o senhor Feijoo, que lhe aprenderom a utiliza-la computadora e agora nom há "dios" que o aparte dela.
saudos

ppSoe #5 16/Xullo/2007 ppSoe

Deixade a Gaviotero en paz, hai cousas máis interesantes

O soño dunha administración galega independente dentro dunha federeción española e dunha panfederación europea non é tan difícil de levar a cabo se houbese vontade no PP e collós no Soe. O PP non quere porque Madrid non quere. Madrid (España) non quere porque Dios non o quere, a Garda CIvil non o quere e Manolo Escobar tampouco. Madrid (Génova, PP) non o quere porque eles nunca queren nada novo, inda que despois sexan os grandes beneficiados. Ollade senón pro das autonomías, por qué existen? porque na transición os franquistas aceptaron a súa creación pra que ca creación de novas administracións creábanse novos nichos de poder nos que colocarse. Outro motivo é que PP Génova non quere que na independización administrativa poida xurdir unha dereita galeguista, incluso independentista e iso vai en contra dos principios do partido, o PP é Un, Grande e Libre de asoballar a outros.

mau #6 16/Xullo/2007 mau

#6 Seguindo um bocado por onde vinhas, a mim há uma questão que sempre me resultou muito rechamante na configuração administrativa de Espanha é o status de Madrid(bom, também outros como Múrcia, Rioja... em fim... ao caso!). É a única Comunidade Autónoma como tal, propriamente dita. Discutindo amavelmente há já anos com um castelhano cheguei à conclusão de que lá no fundo pairava um profundo rancor face Madrid, na medida em que esta era uma parte de Castela que se tinha convertido numa espécie de Distrito Federal, um capricho caríssimo em dois sentidos: claramente insolidário com o resto do povo castelhano(absorveria activos que perfeitamente dava para estruturar o desenvolvimento de Castela) e com o resto de Espanha, na medida em que o esforço de criar uma alternativa a Catalunya nucleada na estepa sem comunicações marítimas directas(por ex.)só é justificável desde a lógica militar de domínio territorial: os grandes beneficiários em segunda instância são, sem dúvida, Valência e Sevilha-Algeciras. Em terceira, Aragão(Saragoça). Curiosamente esta argumentação dos privilégios que tem Madrid, juridicamente e politicamente, não é um tema que entre em questão... e se calhar... dava pra mais. Tenho a sensação que o repertorio do nacionalismo espanhol(maravilhosamente sintetizado por Gaviotero decote) sustem-se na medida em que permanece oculta a outra parte inconfesável: tal como os negócios de El-Rei, os pactos económicos políticos que coesionam na realidade Espanha hoje. Alguém pode aportar alguma ideia sobre isto?

ppSoe #7 17/Xullo/2007 ppSoe

A grande nación española está feita cun cerne ideolóxico asentado en Castela a Vella, nin sequera en León (parte historica do reino de Gallaecia), contando eso sí cas aportacións que os conversos galegos, vascos, cataláns, astures e andalusíes lle aportaron (e xa se sabe cómo é a devoción dos neo conversos. Pero esa ideoloxía hai que vestila dalgunha forma, non a podes sacar así a rúa, que senon os outros países da Unión Europea votaríannos en cara o fascismo, a inquisición e o imperialismo intrínsecos na devandita ideoloxia. E qué traxe lle poñemos? pois un europeísta, aberto, moderno, cosmopolita, algo quirúrxicamente limpo de todo o que poida lembrar os aspectos rurais/viláns da Castela, o máis próximo ó nacionalismo que non nos convén amosar así de primeiras. Qué tal unha gran cidade, unha capital comparábel ás principais de Europa en tamaño, riqueza e poder? Pois sí, paréce que ese é o mellor traxe posibel. Cómo o acadamos:
- dándolle ferramentas políticas para medrar sen limitacións nen lle dar explicacións a outras provincias cas que compartir. Fagámola comunidade independente, con presuposto pra sí sóa e reforzando a súa marca, MADRID. E démoslle competencias coma ás autonomías díscolas, que se son boas pros nacionalismos periféricos tamén o serán pro nacionalismo central.
- dándolle ferramentas demográficas. Aquí o chan é barato, permitamos e axudemos á expansión xeográfica da urbe. Así apareceron os grandes barrios con plantexamentos verticais e capacidade para absorver a inmigración.
- dándolle ferramentas económicas. Axudas, chan industrial, infraestructuras, educación, enerxía eléctrica suficiente, todo o que fixera falta pra que a capital medrase e convertirse no escaparate do país. Ah, e non nos esquezamos de manter a caixa única, a facenda única, unha forma de que todos os cartos estatais pasen por Madrid e queden ahí controlados. Igual que quedan os impostos de todas as empresas nacionais que se ven obrigadas a establecer as súas sedes centrais na comunidade madrileña (acordádevos de Fenosa?).

Xa temos a ideoloxía cun traxe axeitado á modernidade europea, xa o nacionalismo español, o centralismo, a espallamento do castelanismo pode ser exercido cunha imaxe morna, vendible no exterior e no interior: o español é o moderno, o comunicado, o central, o urbanita, o europeista, o culto, o grande, o rico. O antiespañol é todo o contrario: o antigo, o illante, o periférico, o rural, o que cultiva a diversidade e a defensa das pequenas cousas, incluso das que non dan cartos.
Madrid é a marca dos españolistas. Pero fóiselles a man nunha cousa: o tamaño. É inviable unha cidade de tal tamaño, e agora vense obrigados a compartir a enormidade da capital cas noutrora pequenas vilas da chaira castelá que a arrodeaban.

É só a visión dun galego.

Gaviotero #8 19/Xullo/2007 Gaviotero

Mau, los del bipartito son tan pésimos gestores de nuestros impuestos (todo es gasto y poco, muy poco, inversión) que prefiero que sigan gestionándolo desde "Madrid", como decís los nacionalistas...

Hombre, aunque igual Vieiros sale perdiendo unos cuartos.

baixominhisimo #9 19/Xullo/2007 baixominhisimo

e dálle o dialéctico....

teixugo #10 19/Xullo/2007 teixugo

INTERVENÇÕES RECENTES DO GAVIOTERO:

(hai 1 minuto) Me parece lamentable que Vieiros hable de la "presunta" vinculación con ETA....
(hai 3 minutos) ¿Los países celtas? ¡Jajaja!
(hai 3 minutos) Confío en que a este pájaro de la Mesa por la Falsificación Lingüística le metan...
(hai 6 minutos) Que salga a recibirlos Santi Domínguez, que ese sí que se ha colocado bien ú...
(hai 6 minutos) Mau, los del bipartito son tan pésimos gestores de nuestros impuestos (todo es...
(hai 10 minutos) Por cierto, me encanta que los nacis me llamen talibán...Y no, no escucho a...
(hai 11 minutos) Querido, baixominhisimo, y después de hacer pública mi IP, ¿qué? ¿Vendréis a mi...
(hai 14 minutos) ETB 1 (en vascuence) apenas tiene un 5-6% de audiencia, frente al 18-19% de ETB...

VEJO QUE O SENHOR/A ESTÁ BEM INFORMADO OU TALVEZ SO OPINA...
TEM QUE TER UMA MELHOR BASE DOCUMENTAL QUE A GUARDIA CIVIL...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: