Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
CHEGOU AOS 72,83 DÓLARES

Barril de petróleo alcanza prezo histórico

O prezo do barril de petróleo  supera o último record alcanzado fai apenas un ano e case duplica o prezo do pasado mes de xaneiro, cando se vendía por 48 dólares estadounidenses.

Xurxo Martínez Crespo - 11:44 18/07/2007
Tags: petróleo

O prezo do barril de petróleo da Organización de Países Exportadores de Petróleo alcanzou un record histórico ao chegar os 72,83 dólares. Nos derradeiros catro días o petróleo encareceuse 0,34 dólares.

O barril supera o último record alcanzado fai apenas un ano e case duplica o prezo do pasado mes de xaneiro, cando se vendía por preto de 48 dólares.

A vaga de violencia contra a infraestrutura petroleira en Nixeria, o temor a un furacán no Golfo de México e os prognósticos de que a demanda de petróleo crecerán a bo ritmo foron motivos para esta subida de prezo.


0/5 (0 votos)