Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tamén en Asturias e Estremadura

Ciutadans terá unha delegación en Galiza

Anunciouno este mércores o presidente, Albert Rivera.

Redacción - 18:20 18/07/2007

Malia producírense "entre 70 e 80" baixas nas últimas semanas, Rivera afirmou que en parte débese a que moitas persoas condicionaron a súa continuidade a cambio dalgúns cargos nos órganos do partido. O presidente de Ciutadans anunciou que o seu Consello Xeral ratificará este venres a decisión do Executivo de concorrer ás eleccións xerais.

Salientou tamén que están a definir o seu programa para os comicios na Conferencia Política que ten previsto celebrar en Madrid en outubro, a primeira congregación de Ciutadans a nivel estatal, onde estarán representadas todas as agrupacións a nivel territorial que se están a constituír.

Mentres, a Secretaría de Acción Política seguirá a manter xuntanzas coas agrupacións sectoriais e outras formacións, e continuará o traballo tamén coa Plataforma Pro, creadora da asociación Basta Ya! Segundo Rivera, Ciutadans botou a andar "a maquinaria para as xerais", e prognostícalle un papel relevante para ser "a terceira" formación con carácter "nacional" do Estado.

Cambios estruturais

Na conferencia de prensa en que estivo acompañado de Maite Noya e Fernando Landecho, membros da Executiva, Rivera salientou a cantidade de afiliacións que está a ter o partido, o nacemento das tres novas delegacións e a súa confianza no crecemento de Ciutadans. Descartou a posibilidade de que Arcadi Espada e Albert Boadella o abandonen, e informou da intención de cambiar as estruturas do mesmo. En setembro inaugurarán unha sede en Madrid, onde se trasladarán varias xuntanzas do Comité Executivo e diversas secretarías e subsecretarías.


1,15/5 (13 votos)


Comentarios (15)

Brais #1 18/Xullo/2007 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu iría máis aló, máis ca unha delegación penso que é unha sucursal. Non sei como nos amañamos para sermos sempre coelliños para as probas políticas máis estrañas

manuelcerv #2 18/Xullo/2007 manuelcerv
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dio-los quite do meio, mala xentinha esta...

Lidor #3 18/Xullo/2007 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boa noticia, restaranlle votos ao PP de Núñez e ao PSOE de Vázquez.

O_Castrexo #4 18/Xullo/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes o único argumento político que teñen é meterense constantemente coa política lingüística da Generalitat!... non sei a quen me lembran!
Non se disolvera o partido en Cataluña?

Que vaian ao carallo!

spider #5 19/Xullo/2007 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Poden formar un grupo de música: autoXenreira

carlosroca #6 19/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu creo que van quitar votos de PP, PSOE e da abstención. E mesmo a algún do BNG, é o que ten a novidade.O recorrido xa o veremos.
O que si veredes é como se declaran bilingües bífidos.He He.

maraghota #7 19/Xullo/2007 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está bem, mas nom é Albert. O seu nome é Alberto Rivera.

AGIL #8 19/Xullo/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Com toda a certeza serão militares nesse partido os de "tan gallegos como los espaÑoles" ou os 2000000 de assinantes a uma cousa de nome parecido... Sem dúvida!

eugalego #9 19/Xullo/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A por eles

Gaviotero #10 19/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quiénes fueron a hablar...si nos ponemos a dar cifras algunos deberían saber que el PP sólo en Vigo, por ejemplo, tiene más afiliados que el BNG en todo el mundo, o que votantes tiene el independentismo gallego en las elecciones autonómicas o generales.

Si sois cuatro gatos...

AGIL #11 19/Xullo/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E vós muitos ratos: Já sabes, "Mal de muchos, epidemia".

carlosroca #12 20/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O importante non é cantos gatos (e gatas) somos, o fundamental é que cazamos moiiiittooooss ratos (e ratas).:-)
E iso proe ao PP (e ao PSOE), que quereria unha Galiza sen persoas con conciencia de cidadán, e so vasalos.
Sobrevivimos vizosos e fortes. hehehehe.

5997 #13 21/Xullo/2007 5997
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como dice Carlos no es importante si somos muchos o pocos lo que sí que es cierto es que somos gente que venim os del centro izquierda y votantes del PSOE decepcionados por el giro nazionalista que ha tomado , sobretodo en Cataluña. Hemos nacido hace 1 año y ya tenemos 3 diputados en el Parlamento catalán y ahora vamos al nacional. Tal vez nos falta gente pero nos sobra ilusión y honradez.

5997 #14 21/Xullo/2007 5997
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nuestro objetivo es sacar votos al PSOE y a la abstención, no del PP. Somos gentes que prioritariamente venimos de la izquierda aunque hay también liberales y centristas. Nos estamos esttructurando en corrientes de pendamiento dentro del Partido de la Ciudadanóia, y no lo dudéis vamos a fusionarnos con Basta ya, Fdo Savater y Rosa Díez y a partir de ahí, los del PSOE os podeís poner nerviosos. En toda España el PSOE está en brazos de los nazionalistas de Cataluña, Galiza, Baleares etc tán solo para tocar sillón y seguir chupando del poder.Eso está próximo a acabar.

carlosroca #15 23/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu referiame ao Bloque.
O de Ciutadans é unha moda novidosa que atraer so por iso e que oculta ou recorda, como prefirades, á grupos como a falange, que comezara cun discurso liberal e xa vedes como rematou, haiche moitos casos de grupos teoricamente liberais que levaban a bicha facha.
Xa vedes o que é libertad digital. Estes son os mesmos, acabar coa diferencia e a diversidade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete