Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para crear un verdadeiro espazo xuvenil transfronteirizo

Presentan unha guía de recursos común para mozos galegos e portugueses

Xuventude vén de elaborar esta guía para fomentar a mobilidade e interacción dos mozos e mozas da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Redacción - 19:34 18/07/2007
Imaxe da guía

Imaxe da guía

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentou na cuarta feira a Guía de Recursos Xuvenís, unha publicación que se distribuirá de balde entre os mozos galegos e portugueses, que pretende contribuír á integración dun verdadeiro espazo xuvenil transfronteirizo, entre Galiza e o norte de Portugal.

Información útil para Galiza, Portugal e a UE
Esta guía nace para fornecer á xente nova dunha e doutra banda do Miño de información do seu interese, para, deste xeito, fortalecer as relacións da mocidade dos dous lados da raia. A publicación ten unha base de datos cos contactos de varias asociacións xuvenís galegas e portuguesas, así como informacións relativas aos servizos Públicos de Emprego, ao Instituto da Xuventude, ás universidades ou aos centros de asesoramento afectivo-sexual. Na área de recursos da Unión Europea, tamén se informa sobre axudas comunitarias para a mocidade, sobre programas de formación como o Sócrates ou o Leonardo da Vinci, ou de alternativas como o Interrail.

A Guía, que se enmarca nas accións do Programa Mobilitas aprobado ao abeiro da iniciativa comunitaria Interreg III, tamén pode verse na web de cooperación transfronteiriza e na páxina da Dirección Xeral de Xuventude.


4.13/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: