Tenis de mesa, xadrez e rugbi son as últimas federacións en asinar o acordo.
Dentro dos seus planes de colaboración e axuda á xestión das federacións deportivas galegas, a Dirección Xeral para o Deporte asinou tres novos convenios con estas entidades, aprobados polo Consello da Xunta na mañá da quinta feira.
Os convenios que se asinan levan aparellados unha colaboración económica da Xunta, para axudar no gasto ordinario e para a fixación dun programa de actividades de promoción e desenvolvemento de cada unha das tres modalidades deportivas destas federacións.
O custe total dos tres convenios de colaboración é de 283.500 euros
O convenio coa Federación Galega de Tenis de Mesa ten un custo de 70.000 euros, a dividir en dous anos, con programas para a promoción do deporte feminino (10.000 euros nos dous anos), a integración no deporte, seleccións galegas ou para o mantemento da estrutura e a utilización do galego nas sinais de identidade corporativa, entre outros.
O da Federación Galega de Xadrez, bianual, ten un custo de 136.000 euros (77.000 euros para o presente ano e 59.000 euros para o 2008).
E o da Federación Galega de Rugbi, tamén é un convenio bianual cun importe de 97.500 euros.
Convenios asinados con varias federacións
Nos dous últimos meses, fóronse concretando os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas e continuarase nas próximas semanas até pechalos todos. Nestes momentos están asinados os convenios con 36 federacións, aos que hai que sumar os tres que pasaron agora polo Consello da Xunta.
Agora se comprende a actitude da Federación Galega e española de piragüismo. O q kerian era presionar para obter mais pasta, así de puro e duro.
Por certo hai q lembrar o carácter escurantista e corporativista destas federacións, cos seus cargos sen renovar desde a época pre-histórica.
Lembremos a campaña de difamación q lanzaron nos medios contra a Conselleria de Cultura e Deportes:
,,David Cal se marcha de Galicia por no asegurársele unas instalaciones correctas".
Quedaron co cu ao aire, pois todos sabemos q fai esas saidas de forma habitual para se adestrar fóra, e as instalacións estaban sendo remodeladas para todos os usuarios.
,,Guerra en la inauguración de los campeonatos de piragüismo, la dirección xeral de deportes solo utiliza la bandera gallega".
E hai q engadir q nos campionatos aldraxouse o idioma galego, como xa estamos habituados. Os galegos q alí estabamos só oiamos falar inglés e castellano na nosa terra! O galego non existe para esas federacións? Será pq no te és d'españa?