Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

A Selección Galega vai como gran favorita aos Campionatos Estatais

O ferrolán competirá no equipo nacional, un dos grandes favoritos, xunto co catalán, para levar a meirande parte das medallas.

Redacción - 13:32 20/07/2007
A proba do ano pasado

A proba do ano pasado

O campionato, organizado pola Federación de Triatlón da Comunitat Valenciana e o Clube Esportiu Vinaròs, desenvólvese na xornada do sábado Vinarós (Castellón) e unirá uns 400 triatletas de todo o Estado, competindo polos postos de honra.

O equipo catalán, vencedor o ano pasado, viaxa a Valencia co obxectivo de revalidar o título, e os galegos, que ficaron na segunda posición nos últimos dous campionatos, van loitar pola merecida primeira praza. A galega é unha das seleccións máis fortes, con Xabier Gómez Noya e Iván Raña entre eles.

As competicións comezan no sábado as 17 horas, ao saíren as mulleres da categoría júnior, Os homes saen hora e media máis tarde. O día a seguir, o domingo, corren mulleres e homes da categoría superior (que xunta a absoluta, Sub-23 e a veterana); as primeiras ás 9:30 horas, e eles ás 11:30 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: