A Dirección Xeral de Patrimonio solicitou permiso para inventariar o inmóbel pero os propietarios aínda non llo concederon.
Pazo de Meirás
A Consellaría de Cultura pelexa dende hai máis dun ano coa familia do ex ditador Francisco Franco. A Dirección Xeral de Patrimonio comezou daquela os trámites para que se declarase o Pazo de Meirás (Sada) Ben de Interese Cultural mais os propietarios do inmóbel non semellan estar nada interesados nesta protección. Os técnicos da Xunta precisan acceder ao recinto para ver o estado do edificio pero a familia aínda non fixou un día para a visita.
A declaración de Ben de Interese Cultural obriga a abrir o pazo un mínimo de catro días ao ano, para que poida ser visitado polos cidadáns. Mais esta protección tamén lle daría dereitos, en caso de venda, á Xunta. Esta pode ser unha das razóns princiapis polas que a familia Franco nega o acceso á propiedade. Poden ampliar información en El País.
Pois que lle fagan o mesmo que a moita xente cando fan as autoestradas, gasoductos e demáis... expropiación.
Si la edificación en cuestión tiene algo que la haga merecedora de un reconocimiento por su arquitectura o elementos artísticos. No me parecería mal que se le concediera alguna denominación de orden cultural. Pero tendría que quedar muy claro que es solo por el componente artístico y arquitectónico y siempre y cuando se deje claramente señalado que en esa edificación residió un déspota, asesino y fascista.
Si la edificación en cuestión careciera de valor artístico que lo expropien legalmente y hagan un monumento en contra de la intolerancia y el fascismo.
Pois eu estou en contra de que calquera administración lle merque o pazo á familia Franco. Négome a engordar o patrimonio deses señores. Iso si, habería que presionalos publicamente para que llo devolvan ao pobo. Estaría ben empezar unha campaña de presión mediática para acadar isto. Nin un peso para os Franco, que devolvan o que nunca debeu ser deles!
É vergoñento. O Pazo non é deles. É do sangue do meu pai (falecido) e de outros moitos traballadores que vían como o seu pequeno salario era esquilmado nunha parte sin consentemento nin asentemento.Penso que somos moitos gaegos heredeiros, non eles . Hai xeito de facer outras expropiacións ¿e con esta, non se pode?e.
¡¡¡Que pena ,penita, pena!!!