Poucos días despois de que a Xunta aprobase o Plan de Emerxencia Exterior, veciños mugardeses protestan contra o proxecto.
A pasada semana o Consello da Xunta deulle beizón ao plan de emerxencia para a regasificadora que estabeleceu unha liña de seguridade de 400 metros, límite que inclúe vivendas particulares a menos distancia.
O plan, co que xa apandara semanas antes a comisión galega de Protección Civil, é denunciado pola xente que vive nas edificacións que están á beira da planta, no Concello de Mugardos. En protesta, este luns decidiron acudir ás instalacións do Concello e pechárense aló para chamar a atención sobre a situación. Entre outros, critican as dificultades para accederen a información sobre o plan e avisan de que nin sequera o Concello tivo acceso aos detalles. Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.
Os veciños permanecen na Casa do Concello desde as 11h da mañá, despois de entregaren un comunicado onde piden o apoio da corporación municipal para a solicitude de entrevista con Francisco Barroso Palomino, director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, de quen depende a autorización final de explotación a Reganosa. Tamén piden que lles reciba a Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia, entidade á que acusan de promover "indebidamente" o plan de emerxencia aprobado pola Xunta o pasado xoves 19 de xullo.
Ben polos veciños que, por fin, se fan notar. Até o de agora só se escoitaban aos de Ferrol.
Pero eu pregunto.... onde está o goberno municipal de Ferrol?. O PSOE e sobre todo IU?
RELACIÓN DE INCUMPLIMIENTOS
REGANOSA no puede obtener el Acta de Puesta en Servicio para su regasificadora porque:
* No cuenta con evaluación de impacto ambienal (RD 9/2000).
* No cumple el RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas) en cuanto a distancia a núcleos habitados (Decreto 2414/1961).
* No se ajusta a la directiva europea SEVESO II, relativa a la ubicación de la planta (RD 1254/1999).
* No es posible para un gasero salir a mar abierto por sus medios desde la planta en caso de emergencia (NE1532).
* No cuenta con la obligada zona de exclusión térmica en torno a la planta (NE 1473).
* No se han hecho consultas a la población en relación con los riesgos, ni siquiera se la ha informado (Directiva SEVESO II).
* No se ha informado a la población acerca de las medidas de evacuación en caso de emergencia.
* No se han implementado los preceptivos operativos de emergencia en caso de accidente o fugas masivas de gas.
* No se han previsto vías de salida para los habitantes en caso de emergencia,
* ni se les han señalado las zonas a donde dirigirse en tal circunstancia,
* ni se les ha indicado como deben actuar,
* ni como serán avisados,
* ...........................................
Para ampliar información visita: regadeles.info
e aínda así...
A mesma Xunta, os mesmos xulgadores, os mesmos consentidores que na Ría de Pontevedra: de eso vai a "nova" antiga Xunta!
Si, hai sinais preocupantes de que o bipartitoo está asumindo hipotecas herdadas do período Fraga sen ir máis alén da crítica mol e morna. Non se ven desmarques, políticas alternativas, razonamentos de peso para seguir as directrices herdadas. Despois de comungar coa dilapidación de recursos nunha cidade da cultura esperpéntica, o caso de Reganosa é aínda máis ferinte. Un país normal non permitiría a instalación dunha planta regasificadora nunha ría como a de Ferrol por máis estratéxica que fose para a economía, sobre todo se hai unha alternativa clara especialmente deseñada para esa planta e xa construída (porto exterior de Ferrol). É unha irresponsabilidade, unha barbaridade, unha indignidade. Se o bipartito asina algo así é que o cambio en Galiza está moi verde... patético.
Hai un facto ineludíbel q é q a gasificadora está instalada xa e as empresas e fogares necesitan enerxia.
Pero tamén é ineludíbel o perigo q representa para todos esa bomba de reloxaria.
Desde visións integradoras onde todo o mundo achegue posturas: Xunta, veciños, concello, industrias, etc, hai q buscarlle a solución.
Desde logo q a forma en q se levou, TRATANDO DE CULPAR SÓ A UNS do desastre actual foi un erro q van pagar de agora en diante.
Dilapidar cartos sería paralisar o gastado na Cidade da Cultura e pechar Reganosa sen máis.
Cando se comeza no goberno da Xunta hai cousas que hai que comerse porque xa están feitas, senon tirariamos media Galiza abaixo, e quen o paga?.
A Cidade da Cultura esta reenfocada e Reganosa hai que trasladala non pechala.
A cidade da cultura é unha obra faraónica esperpéntica e Reganosa é unha chapuza neoliberal, fixer quen a fixer. Neste sentido, o goberno que herdou esas pexas debería ter máis cintura política. Polo camiño que levan, cada vez acredito máis en que usarán a prepotencia e o escurantismo que tanto criticamos cando eles eran oposición.
TRASLADAR Reganosa a Caneliñas significará dilapidar máis de 400 millóns de euros investidos en Punta Promontorio. Quizás habería que pedirlle responsabilidades económicas a Fraga, Tojeiro e outros implicados, pero iso nin se pensa porque ao mellor abría a veda para que dunha vez por todas certas políticas non sexan inmunes á xustiza.
REENFOCAR a cidade da cultura significa seguir dedicando recursos enormes nun obxectivo absolutamente secundario para os intereses de Galiza. É como se un mileurista merca un Ferrari para ir traballar. Pero claro, como os cartos non son deles: mercan o Ferrari... despois xa falaremos de quen paga as letras. A verdade: esperpéntico.
carlosroca, estas adoitando os argumentos dos falabaratos...
¿quén fala de pechar Reganosa...? o que se fala é de trasladala a ese famoso porto exterior que tamén pagamos nos.
Cos teus argumentos estas a validar as políticas de feitos consumados dos poderosos... Ademáis, Nos pagamos, pero... acaso non somos culpabeis por permitir que os políticos fagan o que queiran?
Cartos dilapidados son os mal investidos... Gastar cartos en rectificar o mal feito polos malfeitores non lle chamaría eu dilapidar, sobre todo se de unha puta vez o que a fai (mal) a paga, pero aquí as multas e a cadea son para os de sempre.
O que pasa é que somos un país de cagainas e con unhas tragadeiras máis grandes que os fuciños dos nosos políticos; é triste pero certo
Eu non dou creto ao que leo.
A cidade da cultura con 340 millóns de euros (case 600.000 millóns das antigas pesetas)gastados e ou comprometidos, ou sexa que se continuaran ou non son irrecuperabeis, tirala abaixo.
Pois durante moitos anos non teriamos nin a cidade da cultura, que ademais habería que pagar por derruir o construido, nin poderiamos adicar cartos a outras cousas porque os cartos estaria gastados.
Con REGANOSA tres cuartos do mesmo, trasladese si, e busquese solución si, pero tirar os cartos non.
Compre que saibamos que falamos de recursos limitados senon é imposíbel entender nada. Mesmo ainda que se poidan atopar responsabilidade penais, das qeu dubido moito.
Miren, o proxecto da cidade da cultura adxudicouse con 110 millóns de € aprox e o final custa o triplo. Credes que se poden pedir responsabilidade penais, pois non, escasamente políticas. E o mesmo pasa con REGANOSA.
Creto ó que les non darás, pero creto económico se que damos.
Que non se poden pidir responsabilidades cos xuices que temos esta claro, que os falabaratos so cumplen os compromisos cos poderosos esta claro, diso me laio.
Pois nada, nada... a seguir como sempre, pero para iso non sei de que carallo de cambio falan... ah, claro, cremos que sí, pois non.
Por certo; se mañan estoupa un gaseiro e morre unha chea de xente (oxala que non pase)tampouco poderemos pidir responsabilidades penais... ó final a culpa será dalgún operario. E punto!
Pois logo, en que mundo cres que vives... eche así meu e non é só cousa dos xuices, son tamén as leis, e as obrigas contractuais, o lucro cesante,....
Se non houbese que pagar as decisións tomadas por outros antes..... ainda que o problema é que o que se fixese ben tamén se podería desfacer...
As cidades e os edificios tampouco se poden tirar abaixo e facelas de novo, ainda que nos gustaria, porque haberia que pagalo, non si?
Hai que analisar a realidade, non como nos gustaria que fose.