O xuíz opina que o documento debe considerar a posibilidade de que "algunhas instalacións sexan legalizábeis".
En principio a empresa evitaría así o seu peche inmediato xa que podería continuar o proceso de solicitude de autorización ambiental. Para continuar coa súa actividade Elnosa precisa dun informe favorábel do Concello de Pontevedra, de xeito que poida obter a Autorización Ambiental Integrada. A negativa do municipio implicaba que a fábrica de cloro debía pechar actividade o vindeiro 30 de outubro.
Agora, o xulgado contencioso administrativo nº1, onde apelara a empresa, indica que existirían eivas no informe municipal no que se baseaba o rexeitamento.
Desde o Concello de Pontevedra non realizaron aínda ningunha avaliación sobre a decisión do tribunal, indicando que aínda non foi recibida oficialmente a sentenza. Por outro lado, un representante do comité de empresa, comentou para a Radio Galega que a decisión "confirma que o informe urbanístico do Concello non se axusta a dereito".
máis facilidades para os que enchen de merdiña a ría
"algunhas instalacións sexan legalizábeis". como deberíamos interpretar estas palabras do xulgado?.
Sobre o contido literal, legalizábeis querría dicer que agora mesmo non son legais.
Pero indo máis aló, moitas urbanizacións son ilegais, e incumplen normativas e son constintuintes dun delito contra o territorio, medioambiente, .... serían tamén legalizábeis segundo lles pete aos xulgados?.
E no terceiro suposto, no de cometer unha infracción de tráfico por aparcar en dobre fila. Sería legalizabel a miña infración?
Cal é a diferenza? Se alguén me di que é porque implica o posto de traballo de moita xente, poría o cuarto suposto...
http://www.minhor.org/modules...
son legálizábeis os bungalows do Camping de Baiona Playa no perímetro LIC Red Natura 2000, cunha setenza firme do 2004 de derrube? Se non son legalizábeis porque seguen en pé xerando cartos ilegais para a empresa que "explota", e nunca mellor dito, estes terreos?.
Gostaríame ser xurista para poder entender todo isto.
Legalizábel: pode variar e ser legal ou non dende o momento en que unha empresa (ou algún sindicato integrado por exfalanxistas) compre con cartos un xulgado, un medio de comunicación, os hospitais dunha cidade, a opinión pública... Cantos máis cartos, máis legalizábel debe ser a cousa. Que razón ten o refraneiro: cando o diñeiro fala, todos calan.
Legalizabel: Acto de facer legal calquera cousa ilegal feita por ricos, enchufaos ou administracións "democráticas". Exemplos:
Elnosa
Reganosa
Urbanizazonosas
Canteranosa en parque naturalnosa
Encoronosas
Minicentraisnosas
Enchufismonosos en administración publiconosa
Liñas de alta tension de Fenosa por riba das "nosas" leiras
As vertedurianosas nos ríos e rías nosas
etc.
etc.
etc.
Ilegal/izabel: calquera cousa feita por pringaos coma nos e que non lle goste ós poderosos. Exemplos:
Os porros
os debuxos de principes trebellando
Protestar
bota-lo lixo antes das nove do serán...
etc.
etc.
etc.
E os de CCOO obreiras facendo algarabias!
Este sindicato non tiña unha sección de CCOO-Mar: cal mar, o q se dedica a emporcar a ence-elnosa q eles defenden?