Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrega de premios da segunda edición do certame

"Unha imaxe para o galego"

Manu Lago e Alberto Dafonte, vencedores do concurso, recolleron cadanseu premio este luns. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, visitou Vieiros para a entrega dos galardóns.

Redacción - 09:00 24/07/2007



O xurado decidira outorgarlle os premios á fotografía “Saca a lingua a flote” de Manu Lago e ao vídeo “Pelotas” de Alberto Dafonte.


O tribunal estivo composto polo fotógrafo Manuel Sendón; polo tamén fotógrafo e xornalista Roberto Ribao; e por César Galdo, licenciado en Ciencias da Comunicación e gañador do último certame de vídeo organizado polo Centro Multimedia de Galicia. O editor de Vieiros, Lois Rodríguez, exerceu como secretario, con voz pero sen voto.


O xurado destacou a alta participación e a gran calidade de moitos dos traballos presentados. No apartado fotográfico valoraron a obra gañadora polo seu xogo cromático e de texturas. Ademais salientaron a harmonía entre foto e texto. No caso dos vídeos, o xurado destacou a orixinalidade e o humor do vídeo gañador: “Pelotas”, de Alberto Dafonte.


Ao certame, patrocinado pola Secretaría Xeral de Politica Lingüística, presentáronse 99 fotografías e 3 vídeos. Os gañadores recibiron unha cámara fotográfica e unha de vídeo.


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: