Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

FPG: avanzar cara á "República Galega"

Asumindo a convocatoria de Causa Galiza para este mércores, a Frente Popular Galega chama a "camiñar amodo para fortalecer esta vía recentemente aberta".

Redacción - 09:00 25/07/2007

"Ábrese agora unha nova vía á comunicación entre as forzas da esquerda nacionalista. A manifestación unitaria deste ano, é un primeiro paso. Na honestidade, na seriedade e na responsabilidade de todos e todas está que non sexa o último", propoñen desde a FPG.
No manifesto que a formación fai público con motivo deste Día de Galiza postúlanse "en favor dunha harmonía real entre natureza e progreso" e destacan especialmente a reivindicación de SOS Courel, "trasunto daquela chamada para a defensa do mar que fora Nunca Máis" e chaman na defensa do medio ambiente.


4,77/5 (30 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 25/Xullo/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si é verdade que hai honestidade, seriedade e responsabilidade, polo menos na FPG, que non sempre semella tal. Xa o veremos.

carlosroca #2 27/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si señor, descuberto o mecanismo axeitado, o anos que ben as camadas populares tomaran Compostela para lograr o recoñecemento do direito de autodeterminación, e tan importante será que vai conmover as institucións españolas e ao apóstolo, e mesmo a ovación da españolada que visita Compostela.
Parabéns, está feito, só temos que agardar ao vindeiro 25 de xullo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: