Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Queixas do Concello de Pontevedra

Esíxenlle a Medio Ambiente que non favoreza a autorización de Elnosa

O concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, advirte contra a presunta intención da Xunta de permitir que siga funcionando a planta.

Redacción - 10:00 25/07/2007

A advertencia realizáraa tamén hai tempo o propio alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores avisou hai meses de que existiría a presunta aquiescencia tanto por parte da Consellaría coma do Ministerio de Medio Ambiente, para que o complexo de Lourizán poida seguir activo cando menos até 2011. Lores pedíalle daquela á administración galega que axudase a forzar a clausura da actividade da fábrica de Elnosa o próximo 30 de outubro.

Agora, e despois de que o xulgado revogase o informe negativo do Concello sobre a planta, por supostos defectos de forma, o concelleiro de Urbanismo pontevedrés teme que Medio Ambiente aproveite para reabrir o expediente que a empresa necesita para seguir coa súa actividade.

Por outra parte, o Concello de Pontevedra confirmou que se vai recorrer a sentenza que anulou o informe do goberno local sobre Elnosa. "Agora hai máis datos da situación de Elnosa e dos seus plans urbanísticos", explicou Miguel Anxo Fernández Lores. O rexedor agarda que a incorporación de novos informes técnicos municipais á causa eliminarán os matices introducidos polo xulgado. "O que di o auto é que o informe urbanístico presentado é insuficiente", indicou o alcalde, quen tamén acusou a Elnosa de non facilitar toda a información requirida polo goberno local. "Independentemente do que diga o xuíz, a autorización ambiental está denegada pola Consellería de Medio Ambiente e nós imos seguir pelexando para que a fábrica se traslade da súa actual situación", asegurou.


4,75/5 (4 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 25/Xullo/2007 ecoe

Un accidente con unha cativa nube de agas cloro barrería Marín e/ou Pontevedra (e mesmo Vilaboa) asegún vente de un ponto ou outro!

Xa estará quedando claro CÁNTO cambeou a Xunta co bng/psoe? Ben, seguramente precisaremos novas "atencións" ós cidadáns desde ese "ente", pois non chegan tampouco as Reganostras, as autorizacións contra natura do Caurel,e, ben claro nos queda, eses mesmos serán quenes van frear e parar en seco a desfeita do territorio galego (proceso ligado directamente e case exclusivamente á dependencia política da nación galega ou asoballamento desde Madrid ou centro de decisións totalmente alleo e alonxado dos afectados).

En fin...

carlosroca #2 26/Xullo/2007 carlosroca

Desde logo, que pouco apoio ten o BNG no peche de ELNOSA - ENCE. O PSOE moito fala pero pouco fai. En fin, seguiremos presionando, ánimo e conseguiirmos pechalo.
Terán esperanza que volva o PP ou maioria absoluta do PSOE.
A única posibilidade de peche é que o BNG siga aí.
(Con REGANOSA é o mesmo)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: