En Galiza están o 16% dos treitos máis perigosos a nivel estatal.
Os catorce quilómetros da N-550 entre o cruce coa N-552 e o enlace coa N-120, en Pontevedra; os dez quilómetros da N-6 entre o comezo da zona urbana en Nadela e o final da variante de Lugo; os sete quilómetros da N-555 entre o cruce coa N-550 en Redondela e o acceso á A-9... Velaí tres dos principais treitos onde se acumulan os accidentes en Galiza ano tras ano.
Reparando só nos tramos máis perigosos, Galiza suma o 16% do total estatal, só menos que Asturias, onde está o 28%, e Valencia e Murcia, respectivamente cun 19%. Así o indica o informe europeo sobre avaliación do risco en estrada, EuroRap, segundo o expón esta semana o real Automóbil Club, RACE.
Destacan ao respecto que a maioría de treitos con gran risco de accidentalidade están en vías convencionais. O estudo considera que o 77% dos sinistros prodúcense nese tipo de estradas, que suman tamén o 83% dos feridos. A maioría de vítimas prodúcense en desprazamentos curtos, e os meses de verán son os máis perigosos.
Xa van duas veces que tratamos de ir desde a vía rápida -letreiros en verde- desde Pontevedra por Figueirido [realmente ata un lugar de Salcedo ou cecais do Fondo de Marín (ou de Marín de Riba)] ata Aldán (Cangas), que oficialmente ben sinalado na vía en color verde, pero ambas comunicacións son imposibles a pesares da mentireira nomenclatura.
Só saíndo en Ardán por estrada "normal" (Marín, perto da praia de A Pamán)se pode achegar ata o alto da Portela en Bueu, onde se volve a tomar OUTRA vía rápida, a que xungue Rande/Moaña con Aldán.
Para lucirse de enganar á población, entre unha e outra poñen nos cartaces indicativos, a primeira Cangas/Moaña sobre fondo verde o que é falso na sua totalidade, pois chégase a tomar o nudo a 2 ou 3 km. de Moaña (máis abaixo do mirador das Fragas, na estrada Marín-Moaña. Tanto como falso é ir a Marín, sinalizado sobre verde na vía, ó entrar nela desde Aldán/Cangas.
Tampouco é certo que se chegue a Pontevedra por vía rápida, tal como sinalan os cartaces en verde, pois a vía queda a unha boa e ben estrambótica distancia de Pontevedra, por medio de interminables curvas,suponse que sin rematar. Realmente, este tramo, desde Figueirido, ben podía ser evitado de facer unha simple circunvalación de Marín, alternativa sen dúbida ben máis económica i efectiva, que a que políticos e técnicos diseñaron e levaron a termo, por certo entre curvas indesexables e ben denunciadas por diversas faixas no seu percorrido, que a converten en ben perigosa (como sempre de rápida nada, só de xeito falsario e contumaz).
A dependencia política, a falta de responsabilidade e de esixencia ós políticos de turno e un consentimento inaudito dos técnicos da administración (todo, tamén pola pasta) fan que ninguén sexa responsable das desfeitas, mesmo recen inauguradas. O despotismo ilustrado cabalga desde sempre: no millor dos casos, todo para o pobo, pero sin o pobo!. As xentes mentres distraídos entre praias, festas, fútboles e seriais, e cousas do "outro xoves"!